sábado, enero 27, 2007

INAUGURACIÓN DO OBRADOIRO DE TÍTERES

Onte, ás 20 horas deu comezo o Obradoiro de Elaboración de Títeres de Luva, organizado pola concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Sanxenxo. Un total de 13 alumnos asistiron ó inicio da confección destes singulares monicreques. Cunha pequena inauguración comezou a explicación breve dos pasos a seguir para a construcción da cabeza, como parte máis destacada do moneco.
A clase resultou do máis entretida, intentando dar forma á cabeza, cunha idea xa formada do personaxe a realizar (un dragón, unha princesa, un rato, unha bruxa...).
O obradoiro desenrolarase tódolos venres, ramatando o día 2 de marzo, coa presenza da compañía de títeres Tanxarina. Cando teñamos algo decente deixaremos unha entrada para mostrar as creaccións dos nosos alumnos.

viernes, enero 26, 2007

O CABALO AZUL

No día de hoxe conseguimos rematar o lenzo realizado polos rapaces de entre 5 e 12 anos, dentro do obradoiro de arte infantil. Todos eles representaron unha mesma obra "O Cabalo Azul" de Frank Marc, moi coñecido polas súas pinturas de animais, onde as cores van máis alá da realidade. Puidemos escoller entre vacas amarelas, cans brancos, gatos laranxas... Sen embargo, esta obra mostraba un encanto especial para os rapaces, onde o animal mostrábase moito máis orixinal e fermoso do normal. O máis importante de todo é que ningún cabalo é igual a outro, cada rapaz interpretou a obra ó seu gusto e maneira.
Un notable alto a todos ¡¡¡

lunes, enero 22, 2007

UN POUCO DE RESTAURACIÓN
















Ainda que a maior parte das actividades a realizar por Ronsel teñen como lugar de traballo o noso centro, os mércores pola tarde realízanse actividades fóra das aulas. Dende o día 7 de xaneiro, estase a desenrolar un curso de iniciación á Restauración de Bens Culturais, concretamente con aquelas pezas con soporte de madeira e metal. As clases danse nun salón do Centro Comarcal de Cambados, organizadas pola asociación Fegamur. Os alumnos, que coincidiron todas mulleres, puxéronlle ganas e animáronse con toda a paciencia do mundo, a arranxar diferentes pezas. As pezas son variadas: dende unha mesa de coser coa súa respectiva máquina, un muíño de café, un escritorio, unha silla... ata unha imaxe relixiosa. O descoñecemento do mundo da restauración e xeneralizado, por iso, ainda que non consigan os coñecementos necesarios para traballar pola súa conta, intentarase mentalizar as alumnas do respeto ás obras e ós profesionais adicados á súa conservación e mantemento no tempo.
Conectaremos unha vez conseguidos os resultados.

viernes, enero 12, 2007

O RELOXO LOUCO




















Esta entrada vai escrita dende o marabilloso mundo da plastilina. Sei que este material ven unido desde sempre ás nosas vidas, dende moi pequenos, pero penso que nunca nos dimos conta do poder expresivo e creativo da plastilina, eu polo menos. A mina andaina acaba de comezar, esta é a miña segunda obra ainda que xa fixen algo ilustrando historias dun tal Jorge.
Despois de moito buscar en internet atopei varias páxinas onde puiden encontrar exemplos do que se pode facer con plastilina e unhas boas mans. Ana Villalba ten mostras disto, así como Manuela Martín, na súa páxina "el garabato feliz". E se non estaba de todo alucinada atopei duas páxinas coas que flipei. Por un lado a maxistral Fernanda Valverde, penso que brasileira, coa cal a plastilina acada formas totalmente reais. Podedes ver as súas creaccións ó longo dun calendario deste ano pasado e de anteriores. E por último o monstro arxentino deste material: Juan Pablo Zaramella, do que recomendo os seus cortos e fotografías, e o que avalan un número grande de premios.

TÍTERES DE LUVA



Aviso a navegantes, temos preparado unha actividade novedosa e moi gratificante: CURSO DE ELABORACIÓN DE TÍTERES DE LUVA. Sei que pode ser atractivo para aquelas persoas que comezan a súa andaina no mundo da ensinanza: profesores, monitores, coidadores..., que poden facer dunhas horas unha xornada divertida e diferente.

O curso nos ensinará a confeccionar uns monicreques moi sinxelos, onde as capacidades manuais son importantes, pero máis ainda a creatividade. Por iso animámoste a realizar o curso con nós. A oferta ven dada polo concello de Sanxenxo, dentro da concellalía de xuventude, onde con moito gusto Aurora atenderá as vosas peticións de inscripción.

Dicir que o derradeiro día visitaranos unha prestixiosa compañía galega de títeres chamada Tanxarina (tedes aceso dende eiquí a súa páxina web). Un grupo de persoas adicadas á interpretación, que moi amablemente concederánnos unha charla onde practicaremos o manexo e as características da posta en escea dos títeres de luva.

Non o deixedes pasar.... esperámoste¡¡¡

miércoles, enero 03, 2007

A ÁRBORE DOS DESEXOS




















A semana pasada levouse a cabo en Ronsel, o segundo obradoiro de arte deste nadal: A ÁRBORE DOS DESEXOS. O obxetivo era claro, que este ano, coa chegada de tantos relagos traidos polos Reis Magos, os rapaces poideran tamén ofrecer a súa familia un desexo persoal para facer realidade no novo ano que acaba de comezar.
As posibilidades foron moitas, e aquí vai unha mostra dos traballos feitos por algún dos nosos aprendices a Rei Mago.

No Nadal, os agasallos aparecen ás veces debaixo da árbore de Nadal
Outras veces pendurados das ramas
E outras non aparecen
Porque, ¿a quén agasallas ti?
¿Tes agasallo para mamá? ¿E para papá? ¿E para os avós?
Entre todos faremos os presentes para regalarlle a todos eles, coas nosas propias máns
Pero faremos algo máis...
...faremos desexos agochados nos agasallos
Para que cando os abran saiban o moito que os queremos
¿Que desexos tes?
Pensa no teu desexo, nos agasallos pensamos nós

PAISAXE DE CORES















Unha das alumnas máis xóvenes do obradoiro de arte, Aldara, da por finalizado o seu lenzo. Ainda que se fixo unha tarefa difícil rematar a obra, esperamos que o resultado sexa para ela unha satisfacción que aproveite para próximos retos. Sabemos que este ano anda máis ocupada pero vale a pena non deixar esta afición que tardou tantos anos en dominar.