sábado, enero 31, 2009

PELIQUEIRO DE LAZA

Sobre fondo oscuro, coroado por reixas oxidadas, sae á troula o peliqueiro de Laza. Celebrando as próximas festas do entroido galego, o personaxe podería ser tamén o cigarrón de Verín ou a pantalla de Xinzo. A nosa alumna máis veterana, Isabel, apostou por un tema complicado, moi laborioso e de técnica hiperrealista, que non podía deixar nada á invención ou improvisación.
Foi un traballo duro e largo no tempo. Houbo que buscar a precisión e perfección dos detalles, algúns tan insignificantes como os imperdibles que suxeitan a faixa a eses flecos en movemento. As cores dos lazos, da garabata, os ouros desa chaquetilla, a representación desa ave simbólica que coroa a máscara, todo perfección. A festa está a punto de comezar, e o personaxe se presenta listo para castigar aos veciños co seu látigo, coloca a mitra e sae a correr.
Felicitamos moi especialmente a esta artista, que neste mes que acaba, non só deu a luz esta obra, tamén a súa filla Emma, que moi pronto esperamos ver nun lenzo. Parabéns Isabel!

CRISTAIS DE COR

A nosa alumna máis paciente e perseverante mostrou unha vez máis as súas aptitudes para o labor tan artesanal que reflicte esta obra. A temática, máis preto do deseño gráfico que da pintura tradicional, enfréntase a unha técnica do máis delicada. Pinceladas planas, unhas sobre outras, transparencias contrastadas, reflexos traslúcidos e brilos oscuros e brancos, moitos detalles que non poden pasar desapercibidos. Tere conseguiu representar todos eles estudando a imaxe rescatada desde fai tempo. Moitas horas de execución e reparación, compartidas coa dificultade desas liñas e superficies perfectas que non deixaron oco en ningún momento á improvisación e a pincelada solta.
E a cor foi un traballo de proba, erro e acerto que impediu en moitos casos progresar e avanzar. Nembargantes, sen o cromatismo vivo e contrastado, o efecto non sería o mesmo. Sobre fondo despintado e imperceptible, totalmente descoñecido, as botellas de cor son as protagonistas. Felicidades Tere, moi bo traballo!

O FILLO DO HOME

René Magritte pintou esta obra como un autorretrato, ainda que o presonaxe esté representado de forma anónima xa que o seu rostro aparece tapado cunha mazá. Trátase dunha obra surrealista, da que o noso novo alumno Francisco rescatou un fragmento. Toda a obra considérase un simbolismo, como todo surrealista, usaban a teoría de Freud como referente para expresar os sentimentos ocultos e do inconsciente, como se fose un soño. Así, a névoa podería simbolizar o estado anímico do personaxe. A mazá, según os teóricos, representa a tentación, podendo ocultar ao fillo de Adán, segundo o título. Según o artista, o cadro denuncia o doado que é para nós encher o que non coñecemos. O home, para él ten moitas cousas que non da a coñecer, que tapa, igualiño que na obra.
Esta aposta como primeiro exercicio no obradoiro Ronsel, exemplifica o curso que vai seguir este alumno, cheo de sorpresas e cargado de referencias ás avangardas máis próximas. A próxima intención estará relacionada co expresionismo.

PAISAXE DA TOSCANA

Trátase dunha copia de pintura, non sabemos de onde procede pero a súa similitude coas paisaxes da Toscana italiana. Sara Besada intenta de novo unha temática moi similar á de obras anteriores. O traballo de pincel e paleta segue sendo paralelo, conseguindo misturar pincelada plana e textura. As cores sempre dentro dun abano quente (do amarelo ao maxenta), contrapoñéndoo aos verdes da vexetación, sempre protagonistas.

MAREA BAIXA

A segunda obra da nosa alumna Mª Xesús está chea de tranquilidade e calma. Unha barca repousando na charca deixada pola marea baixa, despois dunha vida de tarefas, sobre un manto amarelo. Frente a isto a actividade e o dinamismo do fondo, cheo de público, que disfruta do mar azul, calmo, que continúa no ceo intenso de verán.
As liñas ondulantes non só pertencen ás dunas, as ondas do mar... a cor fomenta o protagonismo desa area amontonada e desa auga estancada que se contrapoñen e acomodan coas cores da barca, cheas de capas de pintura acumuladas co paso do tempo.
Ainda que a factura preséntase sinxela, o cromatismo deu traballo á súa autora que perfecciona co tempo o dominio da paleta.

PURO ARTE 3

Entre os días 15 e 19 de Xaneiro de 2009, celebrouse a terceira edición da Feira Internacional de Arte Contemporáneo PURO ARTE 2008, no Recinto Feiral IFEVI de Vigo. Participaron activamente galerías de prestixio recoñecido tales como Joan Gaspar de Barcelona, Atlántica de A Coruña, Triart de Vigo ou Walter Bischoff de Berlín (Alemania), entre un total de cincuenta y seis expositores. A participación de casi un 40% de galerías extranxeiras que fai desta feira unha das de meirande participación internacional entre as feiras españolas.
Foi unha aposta pola arte que tende a permanencia, moi pretiño da casa, e que consegue achegar a creación a tódolos públicos e a tódolos petos. O ano próximo máis.

jueves, enero 01, 2009

I FEIRA DA ARTE GALEGA





Dende o día 10 de decembro ata o 5 de xaneiro, celébrase unha exposición colectiva de importantes artistas galegos (Manuel Villarino, Pedro Bueno, Pablo Gallo, Laureano Vidal, Manuel Suarez, Elena Corredoira, Ramón Astray, Branda, Jorge Peteiro, Santiago Caneda, Jorge Cabezas, Yolanda Dorda…). Nesta feira de arte, que se celebra no hotel Hesperia (C/Juan Florez, 16), preténdese achegar a arte de autor ao público a un prezo asequible. Podedes visitala todos os días (incluídos domingos e festivos) de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00.
Adquirir unha obra de arte única e orixinal, habitualmente está só ao alcance duns poucos privilexiados. Esta é unha boa oportunidade para comenzar a crear a túa propia colección de arte privada, ou para facer un agasallo especial e orixinal para este Nadal.