sábado, enero 31, 2009

PELIQUEIRO DE LAZA

Sobre fondo oscuro, coroado por reixas oxidadas, sae á troula o peliqueiro de Laza. Celebrando as próximas festas do entroido galego, o personaxe podería ser tamén o cigarrón de Verín ou a pantalla de Xinzo. A nosa alumna máis veterana, Isabel, apostou por un tema complicado, moi laborioso e de técnica hiperrealista, que non podía deixar nada á invención ou improvisación.
Foi un traballo duro e largo no tempo. Houbo que buscar a precisión e perfección dos detalles, algúns tan insignificantes como os imperdibles que suxeitan a faixa a eses flecos en movemento. As cores dos lazos, da garabata, os ouros desa chaquetilla, a representación desa ave simbólica que coroa a máscara, todo perfección. A festa está a punto de comezar, e o personaxe se presenta listo para castigar aos veciños co seu látigo, coloca a mitra e sae a correr.
Felicitamos moi especialmente a esta artista, que neste mes que acaba, non só deu a luz esta obra, tamén a súa filla Emma, que moi pronto esperamos ver nun lenzo. Parabéns Isabel!

1 comentario:

Pablo barreiro dijo...

Bos días Portonovo! Canta saudade, que pena non poder estar no entroido, no entroido ourensán. Acabo de ver unha noticia no ElPaís que será do seu agrado. Abrazos........ós tres!

http://www.elpais.com/articulo/cultura/Oleo/sangre/plumas/caramelo/elpepucul/20090217elpepicul_3/Tes