Mostrando entradas con la etiqueta restauración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta restauración. Mostrar todas las entradas

martes, febrero 26, 2008

CONSTANTE DILEMA

Sabemos que o Patrimonio debe ser conservado e mantido no tempo para que as xeracións futuras poidan contemplalo e estudalo en toda a súa integridade pero, a qué prezo?
Moitos restauradores ocúpanse desta labor con certa autonomía, ainda que na súa maioría teñen sobre eles un control remoto que ven dado polo interese económico. Sabemos que os concursos por acadar obra de máis ou menos interese cultural e social obriga, en moitos casos a apretar un orzamento, non só en prezo senón tamén en tempo. Non sei qué é o peor, porque moitos de nós, ainda que traballando cós medios máis escasos conseguimos resultados positivos e respetuosos coas obras de arte, sen embargo, o tempo non ten cabida. Moitos dos tratamentos visualizados a partir das alteracións, conseguen superarse e alongarse no tempo, obrigando a unha ralentización de todo o proceso. E ainda que sabemos que no informe de entrada é obrigado unha data de saída do obradoiro, sempre implicamos estos pormenores para non deixar de ser profesionais. Nembargantes non podemos comercializar coas horas de traballo, cada proceso é o que é e leva o que leva chegar ao seu fin, doutra maneira estaríamos danando o traballo e deixándoo incompleto, co único obxectivo de competir pola obra.
Un só orzamento e dous parámetros incompatibles: o constante dilema.

lunes, enero 28, 2008

COIDAR O NOSO PATRIMONIO

Podemos defini-lo patrimonio cultural dun pobo como o conxunto de bens, materiais e inmateriais, de recoñecido valor que reflicten as tradicións e a forma de vivir e pensar ó longo do tempo. Podemos dicir que o patrimonio cultural de Galicia é o conxunto de elementos materiais e inmateriais que conforman as características específicas da nosa cultura e caracterízase pola súa abundancia, variedade e ampla dispersión xeográfica así como a vinculación á paisaxe que os rodea.
Na concepción recollida na Constitución Española a noción de ben cultural queda subordinada á posibilidade do gozo público, o que, á súa vez, se vincula ó deber de conservación, e iso con independencia de que a súa titularidade sexa pública ou privada.
Así pois, xa que os bens culturais teñen un valor de testemuña histórica e de civilización, os propietarios e as diversas administracións deben preservar ese interese xeral que é o noso patrimonio histórico. No exercicio dese cometido estes entes públicos precisan a colaboración das institucións e, sobre todo, dos cidadáns, no coidado, defensa, protección, conservación e custodia de tódolos bens que forman parte do noso patrimonio cultural.
Nembargantes, para protexe-lo noso patrimonio cultural resulta necesario coñecelo e valoralo mellor; ó tempo que esa concienciación nos axudará a entende-las nosas raíces.

jueves, enero 10, 2008

EN PORTADA

Esta semana visitounos no Centro de Restauración de Ourense, onde traballo, uns reporteiros de La Voz de Galicia, para facer unha reportaxe. Cal foi a nosa sorpresa cando nos vimos na portada da edición do día seguinte. O que non sabía era que tamén saíra no resto das edicións galegas, por eso apureime tanto en compra-lo. Ao resto do equipo e máis a min, fíxonos moita ilusión de ver publicado o traballo e a descripción do centro que realmente pode considerarse único en Galicia, polo traballo que abrange, pola tecnoloxía que posee nas súas instalacións, e sobre todo, pola obra coa que se traballa, que é de luxo. Aquí me tedes coa última obra restaurada, un San Antonio Abad, que en Galicia chamámoslle popularmente San Mauro, e que como santo dos animais ven moi ben acompañado por un porquiño. Se queredes ver a noticia completa premede aquí.

lunes, septiembre 03, 2007

ENTRE PORTONOVO E OURENSE

O Centro Técnico San Martín nace para alcanzar a solución ao problema de conservación do patrimonio galego e en especial o da provincia de Ourense, debido ao seu alarmante estado de degradación.
O Centro ten como obxectivo principal a correcta e minuciosa restauración do patrimonio e asegurar a calidade e rigurosidade das intervencións, contando cun equipo multidisciplinar, coordinado, que desenrola un incansable traballo de recuperación, conservación e formación, seguindo unha estricta metodoloxía de analise, identificación, coñecemento da obra, conservación, conservación preventiva e restauración científico-técnica.

martes, agosto 14, 2007

O NENO XESÚS DA VIRXE DO CARME

Fai unha semana, o Neno Xesús da Virxe do Carme, sufriu un incidente na procesión da subida das imaxes á Igrexa de Sta. Mª de Adina. Á gravedade do caso uniuse a proximidade das festas de Portonovo, onde a Virxe do Carme ten un día adicado a súa festividade. Al alteracións producidas pola caída foron o suficientemente visibles como para necesitar dunha intervención de restauración. Por un lado a perda de capa pictórica deixaba ao descuberto a imprimación, e o que foi máis grave: a separación da peza da nuca, que o escultor fai a propósito para a introducción dos ollos da imaxe. Unido a isto, houbo que facer unha limpeza de restos de suciedade incrustada na capa pictórica, así como unha eliminación de repintes anteriores que falseaban a imaxe e que estaban centrados na súa maioría na faciana.

O resultado é bastante salientable, debido ao estado no que chegou. Hoxe mismo sae do obradoiro para lucir ao lado da Virxe do Carme na procesión do día 17 de agosto en Portonovo.

martes, julio 24, 2007

CENTRO TÉCNICO SAN MARTÍN

A partir do 3 de setembro, a miña vida discorrerá paralela entre Ronsel e o novo Centro Técnico San Martín. Formando parte dun equipo de profesionais da restauración, levaremos a cabo como obxectivo principal a correcta e minuciosa restauración do patrimonio, asegurando a calidade e rigurosidade das intervencións, que desenrolará un incansable traballo de recuperación, conservación y formación. Ronsel manterá a súa andaita, tanto artística como de ensino particular, guiado coas mesmas directrices que ata o de agora.

martes, marzo 06, 2007

CRITERIOS DE RESTAURACIÓN














Lei 16/1985, de 25 de xuño de 1985, de Patrimonio Histórico Español.
BOE nº 155 de 29 de xuño de 1985; BOE nº 296 de 11 de decembro de 1985
Debemos ser prudentes á hora de xuzgar o traballo de intervención nos restos declarados ben cultural. Como restauradora remito á Lei de Patrimonio Histórico pola que esta obrigada diferenciación serve de coartada a algúns para formalizar solucións que alimenten a súa vanidade; sen embargo, é posible (como logrou Torres Balbás na Alhambra) distinguir o novo do vello sen estridencias, sen danar a imaxen xeral e confiando na perspicacia do espectador.
As reconstruccións ou reintegracións non poderán ser miméticas, deberán ser doadamente diferenciables das partes orixinais, xa que do contrario estaríamos caendo na falsificación.
Sen embargo, este é un dos temas favoritos no mundo da restauración, xa que o concepto de "diferenciable" é moi relativo, xa que pode ser diferenciable a simple vista, de preto e non de lonxe (é o que se pretende en moitos casos) pode ser diferenciable polo troco de textura ou cor (outro método) e pode ser diferenciable porque no informe que redactamos así o contempla mediante documentación fotográfica e croquis.
As reintegraciones só se llevarán a cabo en zoas onde se sabe a ciencia certa cómo era orixinalmente, mediante o estudo histórico ou formal da peza, senon estaríamo-nos "inventado" o obxecto.

jueves, febrero 08, 2007

FINALIZA O INICIO Á RESTAURACIÓN
















Onte finalizamos o que foi o Curso de Inicio na Restauración de Madeira e Metal. Ainda que o derradeiro día quedámonos case soas, sabemos que o resto das mulleres que nos acompañaron en todo o curso disfrutaron por igual deste achegamento o descoñecido mundo da restauración de bens culturais. Chámese muíño, chámese lámpada, chámese cadeira, chámese máquina de coser... tódalas pezas foron tratadas co mesmo mimo que unha pintura de Murillo, Picasso ou Tapies. As alumnas das asociacións de mulleres rurais da comarca do Salnés puxeron o seu empeño e paciencia para lograr un resultado moi satisfactorio. Esperamos facer un novo curso onde se desenrolen tratamentos máis complexos. Ata daquela, un saudiño a todas. Bicos da profe.

lunes, enero 22, 2007

UN POUCO DE RESTAURACIÓN
















Ainda que a maior parte das actividades a realizar por Ronsel teñen como lugar de traballo o noso centro, os mércores pola tarde realízanse actividades fóra das aulas. Dende o día 7 de xaneiro, estase a desenrolar un curso de iniciación á Restauración de Bens Culturais, concretamente con aquelas pezas con soporte de madeira e metal. As clases danse nun salón do Centro Comarcal de Cambados, organizadas pola asociación Fegamur. Os alumnos, que coincidiron todas mulleres, puxéronlle ganas e animáronse con toda a paciencia do mundo, a arranxar diferentes pezas. As pezas son variadas: dende unha mesa de coser coa súa respectiva máquina, un muíño de café, un escritorio, unha silla... ata unha imaxe relixiosa. O descoñecemento do mundo da restauración e xeneralizado, por iso, ainda que non consigan os coñecementos necesarios para traballar pola súa conta, intentarase mentalizar as alumnas do respeto ás obras e ós profesionais adicados á súa conservación e mantemento no tempo.
Conectaremos unha vez conseguidos os resultados.