Tra-la primeira semana aberta, o público ríndese ante a beleza pictórica das pezas maestras de esta escola holandesa do século XIX, con máis de 5.000 visitas. Titulada “La escuela de La Haya. Obras maestras del Rijksmuseum”, a mostra foi inaugurada o xoves 12 de febreiro no Centro Social Caixanova de Vigo e a asistencia rexistrada durante esa primeira xornada, que superou as 500 persoas, auguraba o grande éxito dunha exposición que, pola súa calidade e beleza, xerou unha grande expectación. Obras de gran beleza pictórica de Mauve, primeiro mestre de Van Gogh; Gabriels, referente indiscutible de Mondrian; Jozef Isräels, o Millet francés; Roelofs ou Jacob Maris, entre outros autores de referencia da Escola de La Haya, superan as expectativas do público asistente, que se rinde ante a derradeira escola de paisaxe do XIX, con 74 obras magníficas pertencentes á institución museística máis importante de Holanda e unha das máis prestixiosas do mundo, o Rijksmuseum de Ámsterdam. A exposición permanecerá aberta ao público, con aceso libre e gratuito, ata o 12 de abril, no Centro Social Caixanova de Vigo (c/Policarpo Sanz, 26). sábado, marzo 14, 2009
ESCOLA DE LA HAYA
Tra-la primeira semana aberta, o público ríndese ante a beleza pictórica das pezas maestras de esta escola holandesa do século XIX, con máis de 5.000 visitas. Titulada “La escuela de La Haya. Obras maestras del Rijksmuseum”, a mostra foi inaugurada o xoves 12 de febreiro no Centro Social Caixanova de Vigo e a asistencia rexistrada durante esa primeira xornada, que superou as 500 persoas, auguraba o grande éxito dunha exposición que, pola súa calidade e beleza, xerou unha grande expectación. Obras de gran beleza pictórica de Mauve, primeiro mestre de Van Gogh; Gabriels, referente indiscutible de Mondrian; Jozef Isräels, o Millet francés; Roelofs ou Jacob Maris, entre outros autores de referencia da Escola de La Haya, superan as expectativas do público asistente, que se rinde ante a derradeira escola de paisaxe do XIX, con 74 obras magníficas pertencentes á institución museística máis importante de Holanda e unha das máis prestixiosas do mundo, o Rijksmuseum de Ámsterdam. A exposición permanecerá aberta ao público, con aceso libre e gratuito, ata o 12 de abril, no Centro Social Caixanova de Vigo (c/Policarpo Sanz, 26). sábado, enero 31, 2009
PURO ARTE 3
Entre os días 15 e 19 de Xaneiro de 2009, celebrouse a terceira edición da Feira Internacional de Arte Contemporáneo PURO ARTE 2008, no Recinto Feiral IFEVI de Vigo. Participaron activamente galerías de prestixio recoñecido tales como Joan Gaspar de Barcelona, Atlántica de A Coruña, Triart de Vigo ou Walter Bischoff de Berlín (Alemania), entre un total de cincuenta y seis expositores. A participación de casi un 40% de galerías extranxeiras que fai desta feira unha das de meirande participación internacional entre as feiras españolas.Foi unha aposta pola arte que tende a permanencia, moi pretiño da casa, e que consegue achegar a creación a tódolos públicos e a tódolos petos. O ano próximo máis.
jueves, enero 01, 2009
I FEIRA DA ARTE GALEGA

Adquirir unha obra de arte única e orixinal, habitualmente está só ao alcance duns poucos privilexiados. Esta é unha boa oportunidade para comenzar a crear a túa propia colección de arte privada, ou para facer un agasallo especial e orixinal para este Nadal.
miércoles, noviembre 19, 2008
CARLOS SOBRINO (1885-1978)
Caixanova mostra na Sala de Exposicións do seu Centro Social de Pontevedra a exposición ‘Carlos Sobrino (1885-1978)’, un percorrido pola obra do pintor pontevedrés no que se insiren máis de setenta obras entre pinturas, debuxos, gravados e documentación orixinal da época.Carlos Sobrino, como Castelao, pertence á xeración nacida na década dos oitenta do século XIX, que na arte galega é a de artistas como Xesús Corredoyra, Manuel Abelenda, Camilo Díaz Baliño ou Felipe Bello e na literatura corresponde á Xeración Nós, na que se inclúen nomes como Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas... Rexionalismo e simbolismo explican en boa medida a obra inicial de Carlos Sobrino. Os primeiros traballos do pintor sitúanse entre o academicismo, os influxos simbolistas e a pegada do ambiente cultural xerado pola crise do 98. Outras influencias sobranceiras das que atopamos exemplos na produción de Sobrino son o modernismo e máis a estampa xaponesa, con obras que teñen de oriental a aérea delicadeza e semellan xurdir dunha intención que prima máis a emoción que a descrición.
O pintor incorpora tamén aos seu traballos a tradición gráfica das artes decorativas e o vocabulario ornamental modernista, tan común na arte europea desta altura. En xeral, estes referentes formais están ao servizo dunha temática de rexionalismo costumista e idealizado. Así mesmo, percíbese nel a impronta do espírito sofisticado e elegante da art déco, que se abre camiño entre nós nun momento –anos vinte- no que o rexionalismo está de moda en toda Europa. A este ambiente e influxos responden abondosas obras con finalidade publicitaria, carteis, anuncios, capas de libros...
Pero sobre todo salientan na súa obra os temas costumistas e folclorizantes galegos, nos que combina con grande estilización, elementos modernizadores no uso da cor e na planimetría e un evidente decorativismo. Esta vontade por salientar o elemento popular galego é parte dun interese xeneralizado da cultura galega de procura das raíces, non alleo en absoluto ao que acontece noutros espazos nacionais europeos, pero que en Sobrino acaba por ser o seu medio fundamental de expresión.
O CIRCO DE ABU GHRAIB
O artista colombiano Fernando Botero estará mañá en Vigo para presentar a exposición súa que ata febreiro se poderá visitar na Casa dás Artes. Trátase da mostra «Abu Ghraib- O Circo» unha produción realizada en colaboración co Instituto Valenciano de Arte Moderno e que presenta as dúas series máis influentes do traballo recente do artista e que se poderá visitar na Casa dás Artes ata o próximo 1 de febreiro.O pintor colombiano Fernando Botero reuniu de novo aos seus tradicionais «gordos» para denunciar a «violencia oficial» que o Exército estadounidense empregou contra os iraquís no cárcere de Abu Ghraib e, como contraposición e cara da mesma moeda, metelos no circo e a súa orxía vital de cores.
Segundo comentou ou o artista na presentación desta exposición en Valencia, el coñeceu o terror do cárcere de Abu Ghraib ao ler un artigo mentres viaxaba en avión. A «ira» e o «desasosego» que sufriu fixéronlle comezar, cos seus primeiros bosquexos, a «facer visible o invisible» e durante catorce meses creou o medio centenar de obras que agora poden verse en Valencia tras o seu paso por EEUU, Italia, Alemaña e México.
sábado, noviembre 15, 2008
VIOLETA
O Concello de Sanxenxo a través do O.A. TERRA de Sanxenxo, xa comezou a "IV Convivencia Artística TERRA DE SANXENXO", dende o día 16 ata o 28 de Novembro. Os estudantes participantes son de segundo e tercer ciclo das Facultades de Belas Artes españolas e portuguesas.Nesta sexta edición o VIOLETA será a cor protagonista. O O.A. TERRA de Sanxenxo editará un catálogo que recolla o traballo dos participantes e organizará unha exposición, reservándose a elección dunha obra de cada un dos mesmos, que será donada e pasará a formar parte do patrimonio do Concello de Sanxenxo.
lunes, septiembre 08, 2008
PASAXES NA MEMORIA
Foi o mes pasado. O día 22 de agosto levouse acabo a entrega do Premio Luis Cuadrado. Foi un día especial e emocionante, acompañada da familia e dos protagonistas do estudo. É unha homenaxe aos represaliados políticos da Guerra Civil no concello de Sanxenxo e a todos aqueles nomes que permaneceron ocultos demasiado tempo por medo, por vergoña ou por indiferencia.lunes, agosto 11, 2008
AS ILLAS DA MEMORIA
VISITA ÁS CÍES
martes, agosto 05, 2008
A PINTAR CANGAS
A Asociación Cultural A CARÓN DO MAR e o CONCELLO DE CANGAS anuncian a convocatoria da V Edición do concurso de pintura rápida 'A PINTAR CANGAS', que terá lugar o domingo 24 de agosto do 2008 e invita a tódolos interesados en mostrar a súa propia concepción da arte a participar. Preme aquí para ve-las bases.martes, julio 29, 2008
O ESPELLO COTIÁN
A mostra ‘O espello cotián. Colección Caixa Galicia’ volve exporse no país, dividíndose nesta ocasión entre as cidades de Pontevedra e Vigo. Así pois, a Sede Fundación Caixa Galicia de Pontevedra e o Centro Sociocultural FCG de Vigo acollen cadansúa parte complementaria da exposición cos títulos “O espello cotián I” e “O espello cotián II”. As dúas partes constitúen unha escolma de obras centradas na representación da figura humana, tematicamente relacionadas co retrato ou a propia identidade. Poderemos visitalas, en ambos os dous edificios, do 3 de xullo ao 12 de outubro.jueves, julio 17, 2008
30 BIENAL SEN FRONTEIRAS
Na Bienal participan 29 artistas (10 marroquíes, 7 españois, 6 arxelinos e 6 tunecinos), a metade mulleres. Está orgaizada pola Deputación de Pontevedra e tén como director a Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra; como comisario, ó marroquí Abdelkrim Ouazzani, pintor y director del Instituto de Bellas Artes de Tetuán (Marruecos); e como asesores para Arxelia, a Mohammed Djehiche, director del Museo de Arte Moderno y Contemporáneo de Argel, para Túnez, a Rachida Triki, presidenta da Asociación tunecina de profesores de Estética, e para España, a Xosé Manuel Lens, crítico de arte e comisario de exposicións.
A mostra desenvolveráse na sala de exposicións temporais do novo edificio do Museo de Pontevedra e no Pazo da Cultura do 17 de xullo ó 7 de setembro.
domingo, mayo 04, 2008
O QUE BEN CHE QUER
Con motivo da celebración do día das letras galegas, este 17 de maio, a editorial pontevedresa Oqo, presenta unha publicación do escritor conmemorado: Xosé Mª Álvarez Blázquez. E como a data de hoxe é tan familiar, mencionamos un conxunto de poemas deste escritor, para a súa filla Colorín, presentados por Pepe Cáccamo e ilustrados pola súa irmá Berta Cáccamo. Esta, realiza unhas acuarelas con delicados trazos, unha figuración mínima e suaves cores, acompañando os versos e deixando nas nosas mans un produto delicado. Parte dos poemas pertencen ao libro Roseira do teu mencer e parte son inéditos. Entre eles gustaríanos compartir con vos aquel que lle dá título ao libro, e que ademais conta cunha das ilustracións máis interesantes.O que ben che quer
eche o vilorico que anda polo ler.
Ise si que é boque viu dende lonxes aguillando o vóso
mentes por verte e que o viras ti,
para que os dous brincases; ti co teu oh, oh,
e el co seu chi, chi.
O viloricode longo bico
e longas patas de gabirú
que nin di cu - cu
nin anda con trolas de chicherico.
- Que non diga o moucho,
que no diga o cuco,
que non diga a poupa
que che queren muito...
O que ben che quer
está silandeiro enriba de un pé.
Sabes ti quen é?
Éche o vilorico que anda polo ler.
SOROLLA E OS SEUS CONTEMPORÁNEOS
A partir do 21 de abril a mostra “Sorolla e os seus contemporáneos” trasládase á Sede Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela, onde permanecerá ata o próximo 6 de xullo. Destacados pintores do ‘cambio de século’ danse cita nesta exposición, na que poderemos ver unha magnífica colección de pintura española do Museo de Belas Artes de La Habana. Ademáis, reúnense no edificio compostelano un conxunto de 60 obras de Sorolla, Zuloaga, Santiago Rusiñol, Anglada Camarasa ou Cubells, entre outros. O horario é de luns a venres: 12:00 h. a 14:00 h. e 18:00 h. a 21:00 h. Sábados, domingos e festivos: 12:00 h. a 21:00 h. Visitas guiadas.sábado, abril 19, 2008
AMAZONÍA PRECOLOMBINA EN PONTEVEDRA
A sede da Fundación Caixa Galicia na boa vila acolle a mostra até o próximo 15 de xuño. A directora do Museo Barbier-Mueller de Barcelona, Anna Casas, e a subdirectora de programación da Fundación Caixa Galicia, Rosario Sarmiento, presentarán a exposición Amazonía Precolombina, que reúne 26 pezas de cerámica, terracota ou pedra, procedentes da Illa de Marajó e das rexións brasileiras de Karajá, Santarém e a Baixa Amazonía.Trátase dunha selección dos fondos do Museo Barbier-Mueller de Xenebra, o conxunto de cerámicas precoloniais da baixa Amazonía máis importante do mundo. As pezas están datadas entre o século V e comezos do XVI, cando a colonización española e portuguesa invadiron as poboacións autóctonas. Os vestixios das civilizacións anteriores poden verse en vasillas, pinturas rupestres e pezas de cerámica.
A LÓXICA DO IRRACIONAL
A Fundación Pedro Barrié de la Maza inaugou o 27 de marzo a exposición 'Laxeiro, a lóxica do irracional' que se desenvolverá de xeito simultáneo nas sedes que a institución posúe en Vigo e A Coruña, onde se exporán un total de 47 obras, na súa maioría óleos de mediano e grande tamaño sobre distintas temáticas e estilos.A mostra, que repartirá as súas obras entre as dúas cidades (21 en Vigo e 26 na Coruña) está comisariada por Luis María Caruncho, autor dun catálogo crítico sobre o pintor, publicado recentemente pola propia Fundación Barrié. Ambas as dúas iniciativas realízanse no ano do centenario do nacemento de pintor lalinense, quen desenvolveu grande parte da súa actividade en Vigo.
A entrada ás mostras será gratuíta e poderanse visitar ata o 1 de xuño en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas de martes a domingo, festivos incluídos.
domingo, abril 13, 2008
III EXPOSICIÓN DE PINTURA E ESCULTURA DE ENTRETENDAS
Por terceiro ano consecutivo, e debido ao éxito acadado en anos anteriores, organízase a exposición de obras pictóricas e escultóricas nos escaparates dos comercios asociados a Entretendas Centro Comercial Urbano, dende o 21de abril ao 4 de maio de 2008.As obras expostas serán de artistas galegos, ainda que este ano, o espazo dos escaparates vai a estar compartido con obras de artistas noveis do concello de Sanxenxo, alguns dos cales mostran por primeira vez as súas obras ao público. Cada pintura ou escultura irá acompañada dunha cartela onde se mostre o nome do artista, as medidas e técnica da obra e un teléfono de contacto de aqueles artistas que poñan prezo á obra. Os participantes que só desexen mostrar as súas creacións deixarano claro na tarxeta informativa.
Tódolos participantes seleccionados serán convidados a inauguración da III Mostra de Pintura e Escultura UN PASEO ENTRE-ARTE 2008, que terá lugar no Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, o venres, día 18 de Abril de 2008 ás 21 horas. O motivo, aparte de inaugurar a mostra, será informar do evento ós medios de comunicación e coñecer de preto tanto aos artistas como aos comerciantes colaboradores na mostra.
Esta é unha oportunidade para achegar as últimas creacións dos nosos artistas e veciños á xente que disfrute das compras nos comercios asociados ao Centro Comercial Urbano do concello de Sanxenxo.
sábado, marzo 22, 2008
NEVE E NATUREZA
sábado, febrero 16, 2008
MULLERES NA ARTE
“Arte, muller e sociedade, unha complicada dialéctica. Musas femininas tras xenialidades masculinas" é o título da conferencia que terá lugar o 21 de febreiro na Sede Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela, dentro do ciclo divulgativo "Mulleres na Arte: Ausencias e presenzas. Musas e artistas". "O longo período das ausencias creativas. Muller, modelo pero non artista” será a segunda conferencia e terá lugar o 28 de febreiro. Estas sesións formúlanse como unha constatación gráfica e estilística do intenso protagonismo que tivo a muller como musa ou modelo no ámbito das artes plásticas, a través dos coñecementos de Ana Pereira Morales. Este novo ciclo de conferencias chega á Fundación Caixa Galicia có fin de facer unha breve incursión no mundo da arte e a súa relación có sexo feminino. Esta licenciada en historia da arte, encargarase de darnos a coñecer a complicada relación entre arte, muller e sociedade establecida ao longo da historia.ARCO 08
Dente este venres e ata o 18 de febreiro estase a celebrar en Madrid a feira de arte ARCO 2008, un punto de encontro para todo profesional no mundo da arte contemporánea. Antón Patiño, Pamen Pereira, Vicente Blanco, Álvaro Negro, Jorge Perianes, Rubén Ramos Balsa, Francisco Leiro, Pedro Barbeito e Diego Santomé son algúns dos nomes galegos que sonan nesta edición.O programa artístico de ARCO 08 contará finalmente coas propostas de catro galerías galegas seleccionadas polo Comité Organizador para ARCO, que xa vai pola edición número 27.
A galería viguesa Ad Hoc formará parte do programa xeral, que reunirá grandes galerías de todo o mundo. Por outra banda, Bacelos e Trinta incorpóranse a ARCO40, un espazo novidoso dentro da feira que reunirá obra artística producida por tres artistas nos tres últimos anos nun espazo limitado a 40 metros coadrados.
Con sede en Santiago, Trinta presentará nesta edición o proxecto artístico esto no es pop, do artista catalán Carlos Pazos. A obra explora a arte conceptual mediante vídeos, música orixinal, obxectos e fotografía.
Bacelos estará tamén en ARCO 40 coa proposta de Victoria Diehl. A artista galega parte do mito de Pigmalión para xogar coa ambigüidade das estatuas que se volven reais na imaxinación e das persoas que se volven imaxe. A fotógrafa Laura Torrado e a artista portuguesa Catrina Campino forman parte do abano de Bacelos para ARCO 40.
Ademais, nesta edición inclúese a sección Expanded-Box, unha aposta polas tendencias que exploran a influencia da tecnoloxía na arte, e na que estará presente a Galería C5 compostelá coa obra da lucense Ana de Matos Face to Face, na que a artista contrapón o glamour da pasarela fronte ás imaxes de miles de mulleres producindo nos talleres de China.
Tamén na sección Solo Projects participará a galería viguesa Ad Hoc cunha instalación de Josep-María Martín.

