martes, junio 19, 2007

ITSMO

Outra obra rematada é a de Mónica. Unha paisaxe de mar moi sinxela pero cun protagonista moi destacado, o itsmo central, fundido na paisaxe de fondo. Sen dúbida, unha obra que a estas alturas de comezo de verán vai moi indicada.

sábado, junio 16, 2007

NENA HINDÚ

Pasan os meses do curso, e as obras vanse rematando. Ardoiz fai un paréntese no verán e lévase con ela esta obra de temática tan similar ás anteriores. Nenas, mulleres, rapazas, noutros ambientes, noutras situacións, todas elas despertan en nós sentimentos e sensacións. Son imaxes máis que decorativas. Son emocionais. Técnicamente ofrecen as mesmas características. Continúa a mesma relación pincel-espátula, a última en inferioridade nesta obra. As cores seguen sendo as protagonistas. Ainda que nun primeiro momento os ollos vaian á nena e a súa mirada, os ropaxes e teas que a protexen e a enmarcan, comparten protagonismo. En setembro máis.

A PRIMEIRA

Ainda que comezou onte, como quen dí, Asun entrou con moitas gañas no obradoiro. Tanto na casa como nas clases, demostra un interés moi grande na pintura. Sen embargo, ainda que esta primeira obra lle resultara máis ou menos doada, falta o control en moitos campos. Por tanto, imos considerala un exercicio máis. Despaciño e con tranquilidade, iremos apagando ese nervo rápido que demostra en cada clase, para conseguir que os detalles cobren máis importancia que a obra rematada.

jueves, junio 07, 2007

UNHA CASA EN BORDÓNS

Esta semana Moly sorprendeunos cando apareceu polo obradoiro cun lenzo xa a punto de rematar. Comezouno a esbozar na escola pero para non perder tempo nos días que o obradoiro ía estar pechado, levouno para casa. Teño que dicir que me sorprendeu gratamente, resolveuno moi ben, pese a ter complicacións nas interpretacións das reixas ou da mampostería dos muros. Realmente viuse que pode valerse por si mesma, e eso que o tema non se presentaba nada doado. Felicidades pola obra, Moly... e espero que lle guste ao agasallado.
Un bico.