viernes, noviembre 30, 2007
XARRÓN CON FLORES
viernes, noviembre 23, 2007
DESPREOCUPADO MÁIS NON INDIFERENTE
Con motivo do Festival PhotoGalicia, impulsado pola Fundación Caixa Galicia, preséntase agora unha ocasión única para coñecer de preto o traballo do artista estadounidense Man Ray, nunha mostra que nos achega ó seu frutífero legado, composto por fotografías, pinturas, filmes, colaxes, deseño publicitario, etc. Man Ray. Despreocupado máis non indiferente é o título desta fascinante exposición que chega á Sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña e que poderemos ver ata o 6 de xaneiro.OURO VERMELLO
S/T
Ainda que xa pasaron días e que os meus parabéns xa llos din en persoa, quería mostrar a obra dun amigo e compañeiro artista que foi galardoado coa mención de honra no certame galego de creadores novos GZCREA 2007, a nivel galego: Pablo Rodríguez Barreiro. Na mostra dos premiados o pasado día 8 de novembro encontrei caras coñecidas e percorrín os quefaceres dos nosos creadores máis xóvenes. Entre as obras houbo moitas interesantes, tanto de instalación, escultura e pintura, moitas que me levaría para casa. Quedeime cos nomes e entre pinchos e viño, pasamos unhas horas estupendas. Mágoa que tiveramos que volver a Ourense a durmir. Felicidades Pablo, seguirémoste a pista...
lunes, noviembre 19, 2007
CAPACITARTE
A Obra Social de Caja España convoca o Premio CapacitARTE, dirixido a xóvenes artistas galegos, para a creación de esculturas que teñan como lema ou expresión o de "Las personas con discapacidad".O obxectivo desta convocatoria é favorecer a reflexión na sociedade sobre o mundo da discapacidade; unha reflexión que inicia o seu camiño da man da escultura urbana e de rúa, para xerar conciencia social sobre a realidade das persoas con discapacidade.
Desta maneira, CapacitARTE ten o propósito de procurar unha percepción da discapacidade desde o punto de vista da arte escultórica que propicie e conciencie aos cidadáns para continuar aportando solucións.
CASIÑAS DE COR
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
