sábado, abril 26, 2008
CLAUSURA DO CURSO DE MANDALAS
NENÚFAR
ROSA ROSAE
sábado, abril 19, 2008
DE INAUGURACIÓN
AMAZONÍA PRECOLOMBINA EN PONTEVEDRA
A sede da Fundación Caixa Galicia na boa vila acolle a mostra até o próximo 15 de xuño. A directora do Museo Barbier-Mueller de Barcelona, Anna Casas, e a subdirectora de programación da Fundación Caixa Galicia, Rosario Sarmiento, presentarán a exposición Amazonía Precolombina, que reúne 26 pezas de cerámica, terracota ou pedra, procedentes da Illa de Marajó e das rexións brasileiras de Karajá, Santarém e a Baixa Amazonía.Trátase dunha selección dos fondos do Museo Barbier-Mueller de Xenebra, o conxunto de cerámicas precoloniais da baixa Amazonía máis importante do mundo. As pezas están datadas entre o século V e comezos do XVI, cando a colonización española e portuguesa invadiron as poboacións autóctonas. Os vestixios das civilizacións anteriores poden verse en vasillas, pinturas rupestres e pezas de cerámica.
A LÓXICA DO IRRACIONAL
A Fundación Pedro Barrié de la Maza inaugou o 27 de marzo a exposición 'Laxeiro, a lóxica do irracional' que se desenvolverá de xeito simultáneo nas sedes que a institución posúe en Vigo e A Coruña, onde se exporán un total de 47 obras, na súa maioría óleos de mediano e grande tamaño sobre distintas temáticas e estilos.A mostra, que repartirá as súas obras entre as dúas cidades (21 en Vigo e 26 na Coruña) está comisariada por Luis María Caruncho, autor dun catálogo crítico sobre o pintor, publicado recentemente pola propia Fundación Barrié. Ambas as dúas iniciativas realízanse no ano do centenario do nacemento de pintor lalinense, quen desenvolveu grande parte da súa actividade en Vigo.
A entrada ás mostras será gratuíta e poderanse visitar ata o 1 de xuño en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas de martes a domingo, festivos incluídos.
domingo, abril 13, 2008
III EXPOSICIÓN DE PINTURA E ESCULTURA DE ENTRETENDAS
Por terceiro ano consecutivo, e debido ao éxito acadado en anos anteriores, organízase a exposición de obras pictóricas e escultóricas nos escaparates dos comercios asociados a Entretendas Centro Comercial Urbano, dende o 21de abril ao 4 de maio de 2008.As obras expostas serán de artistas galegos, ainda que este ano, o espazo dos escaparates vai a estar compartido con obras de artistas noveis do concello de Sanxenxo, alguns dos cales mostran por primeira vez as súas obras ao público. Cada pintura ou escultura irá acompañada dunha cartela onde se mostre o nome do artista, as medidas e técnica da obra e un teléfono de contacto de aqueles artistas que poñan prezo á obra. Os participantes que só desexen mostrar as súas creacións deixarano claro na tarxeta informativa.
Tódolos participantes seleccionados serán convidados a inauguración da III Mostra de Pintura e Escultura UN PASEO ENTRE-ARTE 2008, que terá lugar no Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, o venres, día 18 de Abril de 2008 ás 21 horas. O motivo, aparte de inaugurar a mostra, será informar do evento ós medios de comunicación e coñecer de preto tanto aos artistas como aos comerciantes colaboradores na mostra.
Esta é unha oportunidade para achegar as últimas creacións dos nosos artistas e veciños á xente que disfrute das compras nos comercios asociados ao Centro Comercial Urbano do concello de Sanxenxo.
Esperámosvos a todos ¡¡¡
FLORES BRANCAS
sábado, abril 12, 2008
CASCADA
Un dos primeiros lenzos que realizou Mónica López no noso obradoiro foi esta Cascada, que con motivo dunha exposición colectiva dos alumnos, vólvese a mostrar para rescatar os seus inicios. Ainda que ata o de agora foron as flores os motivos máis representados por esta pintora, está volvendo as paisaxes do principio, unha das cales, a de máis interese persoal para ela dende sempre, está a rematar. Pronto a daremos a coñecer.MIRÓ E CELESTE
Dende o inicio de Ronsel como obradoiro de arte acompañounos Celeste Chan Gondar, unha alumna principiante que ten predilección polo artista onírico Miró. Poden ser as cores, ou as formas, ou a liña negra que recorre o lenzo. A atracción leva a que Celeste forme parte da iconografía do lenzo, estando presente no acrílico sobre lenzo. Ainda que esta pintura fai tempo que saíu do taller, mostramos os inicios desta nova pintora.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
