sábado, marzo 14, 2009

ESCOLA DE LA HAYA

Tra-la primeira semana aberta, o público ríndese ante a beleza pictórica das pezas maestras de esta escola holandesa do século XIX, con máis de 5.000 visitas. Titulada “La escuela de La Haya. Obras maestras del Rijksmuseum”, a mostra foi inaugurada o xoves 12 de febreiro no Centro Social Caixanova de Vigo e a asistencia rexistrada durante esa primeira xornada, que superou as 500 persoas, auguraba o grande éxito dunha exposición que, pola súa calidade e beleza, xerou unha grande expectación. Obras de gran beleza pictórica de Mauve, primeiro mestre de Van Gogh; Gabriels, referente indiscutible de Mondrian; Jozef Isräels, o Millet francés; Roelofs ou Jacob Maris, entre outros autores de referencia da Escola de La Haya, superan as expectativas do público asistente, que se rinde ante a derradeira escola de paisaxe do XIX, con 74 obras magníficas pertencentes á institución museística máis importante de Holanda e unha das máis prestixiosas do mundo, o Rijksmuseum de Ámsterdam. A exposición permanecerá aberta ao público, con aceso libre e gratuito, ata o 12 de abril, no Centro Social Caixanova de Vigo (c/Policarpo Sanz, 26).