domingo, octubre 12, 2008
DORA MAAR
lunes, septiembre 08, 2008
PASAXES NA MEMORIA
Foi o mes pasado. O día 22 de agosto levouse acabo a entrega do Premio Luis Cuadrado. Foi un día especial e emocionante, acompañada da familia e dos protagonistas do estudo. É unha homenaxe aos represaliados políticos da Guerra Civil no concello de Sanxenxo e a todos aqueles nomes que permaneceron ocultos demasiado tempo por medo, por vergoña ou por indiferencia.SOÑO DE DALÍ
Esta representación realista é un soño-copia de Dalí, o xenial artista que tanto atrae a nosa alumna Yaiza. A figura feminina espida de tan complicada anatomía foi quizais o motivo máis traballado. O chan frío e recortado contrasta co paisaxe limpo e valeiro. Un avance máis para esta nova pintora que destaca na súas pinturas, paso a paso.FOLLAS IMPRESIONISTAS
Elixida pola nosa alumna máis xoven, Lucía decidiuse por esta temática impresionista onde as pinceladas vibrandes de cor forman conxuntos de natureza perfectamente entendible. Os verdes priman na composición, nunha variada policromía desde os amarelos aos brancos. Foi unha obra rápida pero interesante para a práctica da mestura da cor e a impresión da pincelada.lunes, agosto 11, 2008
AS ILLAS DA MEMORIA
REDEIRAS
VISITA ÁS CÍES
martes, agosto 05, 2008
A PINTAR CANGAS
A Asociación Cultural A CARÓN DO MAR e o CONCELLO DE CANGAS anuncian a convocatoria da V Edición do concurso de pintura rápida 'A PINTAR CANGAS', que terá lugar o domingo 24 de agosto do 2008 e invita a tódolos interesados en mostrar a súa propia concepción da arte a participar. Preme aquí para ve-las bases.martes, julio 29, 2008
O ESPELLO COTIÁN
A mostra ‘O espello cotián. Colección Caixa Galicia’ volve exporse no país, dividíndose nesta ocasión entre as cidades de Pontevedra e Vigo. Así pois, a Sede Fundación Caixa Galicia de Pontevedra e o Centro Sociocultural FCG de Vigo acollen cadansúa parte complementaria da exposición cos títulos “O espello cotián I” e “O espello cotián II”. As dúas partes constitúen unha escolma de obras centradas na representación da figura humana, tematicamente relacionadas co retrato ou a propia identidade. Poderemos visitalas, en ambos os dous edificios, do 3 de xullo ao 12 de outubro.jueves, julio 17, 2008
III CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE
A obra deberá realizarse forzosamente "in situ". Cada participante deberá escoller libremente o seu emprazamento para pintar a súa obra. As obras poderán realizarse con calquera técnica ou procedemento e con completa liberdade de tendencias ou estilos. O selado das teas ou soportes farase de 09:00 a 10:00 horas, o mesmo sábado día 2 de agosto, no local de Nauta o lado da Oficina de Turismo do Concello de Sanxenxo, no Porto Deportivo. Haberá un primeiro premio de 600 € e un segundo premio de 500 €.
30 BIENAL SEN FRONTEIRAS
Na Bienal participan 29 artistas (10 marroquíes, 7 españois, 6 arxelinos e 6 tunecinos), a metade mulleres. Está orgaizada pola Deputación de Pontevedra e tén como director a Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra; como comisario, ó marroquí Abdelkrim Ouazzani, pintor y director del Instituto de Bellas Artes de Tetuán (Marruecos); e como asesores para Arxelia, a Mohammed Djehiche, director del Museo de Arte Moderno y Contemporáneo de Argel, para Túnez, a Rachida Triki, presidenta da Asociación tunecina de profesores de Estética, e para España, a Xosé Manuel Lens, crítico de arte e comisario de exposicións.
A mostra desenvolveráse na sala de exposicións temporais do novo edificio do Museo de Pontevedra e no Pazo da Cultura do 17 de xullo ó 7 de setembro.


