A nosa alumna Celeste Chan invítanos a comer nesta mesa con mantel tan colorista. Trátase dun bodegón, unha iconografía que non ten moitos adeptos pola súa relación coa sobriedade e o formalismo. Sen embargo esta é unha proba do atractivo do tema, onde cada peza é un fragmento do círculo cromático. Na pintura combínanse as cores frías e quentes acadando un equilibrio perfecto. A vitalidade e enerxía que desprende a obra fan dela unha representación atractiva para calquer espazo.
sábado, mayo 31, 2008
VOLVORETAS VERMELLAS
ESTAMPA ORIENTAL
NOVO MIRÓ
domingo, mayo 04, 2008
O QUE BEN CHE QUER
Con motivo da celebración do día das letras galegas, este 17 de maio, a editorial pontevedresa Oqo, presenta unha publicación do escritor conmemorado: Xosé Mª Álvarez Blázquez. E como a data de hoxe é tan familiar, mencionamos un conxunto de poemas deste escritor, para a súa filla Colorín, presentados por Pepe Cáccamo e ilustrados pola súa irmá Berta Cáccamo. Esta, realiza unhas acuarelas con delicados trazos, unha figuración mínima e suaves cores, acompañando os versos e deixando nas nosas mans un produto delicado. Parte dos poemas pertencen ao libro Roseira do teu mencer e parte son inéditos. Entre eles gustaríanos compartir con vos aquel que lle dá título ao libro, e que ademais conta cunha das ilustracións máis interesantes.O que ben che quer
eche o vilorico que anda polo ler.
Ise si que é boque viu dende lonxes aguillando o vóso
mentes por verte e que o viras ti,
para que os dous brincases; ti co teu oh, oh,
e el co seu chi, chi.
O viloricode longo bico
e longas patas de gabirú
que nin di cu - cu
nin anda con trolas de chicherico.
- Que non diga o moucho,
que no diga o cuco,
que non diga a poupa
que che queren muito...
O que ben che quer
está silandeiro enriba de un pé.
Sabes ti quen é?
Éche o vilorico que anda polo ler.
SOROLLA E OS SEUS CONTEMPORÁNEOS
A partir do 21 de abril a mostra “Sorolla e os seus contemporáneos” trasládase á Sede Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela, onde permanecerá ata o próximo 6 de xullo. Destacados pintores do ‘cambio de século’ danse cita nesta exposición, na que poderemos ver unha magnífica colección de pintura española do Museo de Belas Artes de La Habana. Ademáis, reúnense no edificio compostelano un conxunto de 60 obras de Sorolla, Zuloaga, Santiago Rusiñol, Anglada Camarasa ou Cubells, entre outros. O horario é de luns a venres: 12:00 h. a 14:00 h. e 18:00 h. a 21:00 h. Sábados, domingos e festivos: 12:00 h. a 21:00 h. Visitas guiadas.sábado, abril 26, 2008
CLAUSURA DO CURSO DE MANDALAS
NENÚFAR
ROSA ROSAE
sábado, abril 19, 2008
DE INAUGURACIÓN
AMAZONÍA PRECOLOMBINA EN PONTEVEDRA
A sede da Fundación Caixa Galicia na boa vila acolle a mostra até o próximo 15 de xuño. A directora do Museo Barbier-Mueller de Barcelona, Anna Casas, e a subdirectora de programación da Fundación Caixa Galicia, Rosario Sarmiento, presentarán a exposición Amazonía Precolombina, que reúne 26 pezas de cerámica, terracota ou pedra, procedentes da Illa de Marajó e das rexións brasileiras de Karajá, Santarém e a Baixa Amazonía.Trátase dunha selección dos fondos do Museo Barbier-Mueller de Xenebra, o conxunto de cerámicas precoloniais da baixa Amazonía máis importante do mundo. As pezas están datadas entre o século V e comezos do XVI, cando a colonización española e portuguesa invadiron as poboacións autóctonas. Os vestixios das civilizacións anteriores poden verse en vasillas, pinturas rupestres e pezas de cerámica.
A LÓXICA DO IRRACIONAL
A Fundación Pedro Barrié de la Maza inaugou o 27 de marzo a exposición 'Laxeiro, a lóxica do irracional' que se desenvolverá de xeito simultáneo nas sedes que a institución posúe en Vigo e A Coruña, onde se exporán un total de 47 obras, na súa maioría óleos de mediano e grande tamaño sobre distintas temáticas e estilos.A mostra, que repartirá as súas obras entre as dúas cidades (21 en Vigo e 26 na Coruña) está comisariada por Luis María Caruncho, autor dun catálogo crítico sobre o pintor, publicado recentemente pola propia Fundación Barrié. Ambas as dúas iniciativas realízanse no ano do centenario do nacemento de pintor lalinense, quen desenvolveu grande parte da súa actividade en Vigo.
A entrada ás mostras será gratuíta e poderanse visitar ata o 1 de xuño en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas de martes a domingo, festivos incluídos.
domingo, abril 13, 2008
III EXPOSICIÓN DE PINTURA E ESCULTURA DE ENTRETENDAS
Por terceiro ano consecutivo, e debido ao éxito acadado en anos anteriores, organízase a exposición de obras pictóricas e escultóricas nos escaparates dos comercios asociados a Entretendas Centro Comercial Urbano, dende o 21de abril ao 4 de maio de 2008.As obras expostas serán de artistas galegos, ainda que este ano, o espazo dos escaparates vai a estar compartido con obras de artistas noveis do concello de Sanxenxo, alguns dos cales mostran por primeira vez as súas obras ao público. Cada pintura ou escultura irá acompañada dunha cartela onde se mostre o nome do artista, as medidas e técnica da obra e un teléfono de contacto de aqueles artistas que poñan prezo á obra. Os participantes que só desexen mostrar as súas creacións deixarano claro na tarxeta informativa.
Tódolos participantes seleccionados serán convidados a inauguración da III Mostra de Pintura e Escultura UN PASEO ENTRE-ARTE 2008, que terá lugar no Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, o venres, día 18 de Abril de 2008 ás 21 horas. O motivo, aparte de inaugurar a mostra, será informar do evento ós medios de comunicación e coñecer de preto tanto aos artistas como aos comerciantes colaboradores na mostra.
Esta é unha oportunidade para achegar as últimas creacións dos nosos artistas e veciños á xente que disfrute das compras nos comercios asociados ao Centro Comercial Urbano do concello de Sanxenxo.
Esperámosvos a todos ¡¡¡
FLORES BRANCAS
sábado, abril 12, 2008
CASCADA
Un dos primeiros lenzos que realizou Mónica López no noso obradoiro foi esta Cascada, que con motivo dunha exposición colectiva dos alumnos, vólvese a mostrar para rescatar os seus inicios. Ainda que ata o de agora foron as flores os motivos máis representados por esta pintora, está volvendo as paisaxes do principio, unha das cales, a de máis interese persoal para ela dende sempre, está a rematar. Pronto a daremos a coñecer.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
