viernes, abril 27, 2007

AS NOVAS XEFAS

Aquí as tedes. Son as novas xefas de Ronsel. Acapáranme ata o despacho. A gobernanta é María Tilve, esa pequerrecha que esta sentada no meu sillón. O problema é que o sillón non é o grande necesario para que se senten as outras dúas: María Muñiz e Laura (a máis coitada).
Un bico ás tres da profe.

AS CATEDRAIS I




















Unha mariña máis. Neste caso Isabel Martínez Montes apostou por esta temática. Este, e outro lenzo que se encontra en proceso, rematarán a serie que comezou fai xa máis dun ano. Esta colección permitiulle enfrentarse a diferentes zonas do litoral galego, e moi concretamente ás praias do noso concello. Acantilados, dunas, marismas, oleaxe... os elementos da costa están presentes nesta mestura de fotografía e arte.

Esperamos unha exposición para cando finalice. Ainda que se non é así, unha noite en Casa Isabel nos permitirá dormir contemplando o noso paisaxe por máis tempo.

jueves, abril 26, 2007

CONVIVENCIA ARTÍSTICA

Onte pola tarde, as alumnas do obradoiro de arte, fixeron unha visita aos compoñentes da convivencia artística NARANJA. O concello leva a cabo cada ano, un encontro de estudantes das universidades de belas artes, de dentro e fora de Galicia. A finalidade, a parte de dar a coñecer o concello de Sanxenxo e alrededores, é mostrar as diferentes técnicas e estilos que nestes momentos estan a levar a cabo os novos artistas.
A visita foi moi didáctica, xa que as alumnas poideron apreciar soportes, aplicacións de materiais, composicións... que se encontran moi lonxe do que elas practican cada día.
Ainda que quedan lagoas por cubrir, os gustos vanse formando e as valoracións son cada vez máis ricas. A observación e un punto de partida moi importante para aprender a pintar.
Aquelas que xa pensaron no cambio de temática, ánimo e mans a obra ¡¡¡

lunes, abril 23, 2007

TAMARA LEMPICKA

A mostra máis completa de Tamara de Lempicka, chegou a Vigo o 19 de abril inaugurada pola Fundación Caixa Galicia na súa sede da cidade olívica.
A mostra será a máis completa organizada sobre esta enigmática artista, redescuberta no ano 1972 por un xoven galerista francés. Dos seus pinceis sairon retratos poderosos que hoxe identificamos coa estética publicitaria. A súa vida foi apaixoante e desmesurada.
Trátase dunha exposición que constituirá unha estrana oportunidade para revisar unha obra diseminada por salóns privados de medio mundo e por almacéns de museos como o Pompidou, o que na práctica fai difícil enfrentarse cara a cara cun cadro desta artista. Porque, como constata Bréon, «poca gente ha visto su obra, aunque todo el mundo la conoce».
Tedes ata o 15 de xullo, non a perdades¡¡¡

LIBROS DE AUGA



















Hoxe é o día do libro. Non quero só referenciar esta data no que ten que ver có texto literario, senón coas ilustracións que acompañan esas letras. Por iso, neste día destaco a páxina de Isabel Molto. Unha creativa que entre moitos andaxes en diferentes manifestacións artísticas, case sempre no campo das artes decorativas. Entre os seus traballos destaca a creación de debuxos sacados do inconsciente "como cuando buceamos bajo el agua que nos rodea un silencio y una paz mágica, al trabajar en estos dibujos trato de encontrar una situación mental similar".


Neste mundo onírico podemos incorporar calquera texto que poida relacionarse coa experiencia que estemos sufrindo ou disfrutando. Todo vale.

martes, abril 17, 2007

ESPÍRITU DE MARIÑÁN











Durante todo o mes de abril, na sala de exposicións da Escola de Restauración de Pontevedra faise eco dos resultados que ofreceron as Xornadas de pintura e poesía celebradas no Pazo de Mariñán. Alí, un grupo de pintores decidiu propoñer unha pintura como un exercicio de intercambio de plantexamentos, de mestura de sensibilidades, para presentar unha obra moito máis consistente e chea de fortaleza no caso de que se presentasen en solitario. Os seus nomes son o alento dun espíritu que presenta, dende a pintura, o valor do colectivo. Alfonso Costa, Manuel Gandullo, Pedro Bueno, Tino Poza e Xosé Vázquez Castro ofrecen ese espíritu para buscar a reconciliación coa sociedade cada vez máis temerosa dos colectivos, das unións que como neste caso nos presentan maravillosos resultados.

XENXO










Da miña primeira incursión no mundo da animación, preséntovos un resultado que ainda que con moitos fallos, non deixa de ser sorprendente. O argumento é do mais simple, por non dicir "inexistente", sen embargo queda nun ensaio onde se descubren os efectos que conseguidos cunhas cuantas fotos case miméticas. Logo está a destreza que teñas na manexabilidade e tratamento das imaxes, así como no obxecto ao cal queres darlle vida http://www.youtube.com/watch?v=Bmfkc2KDa0I

sábado, abril 14, 2007

OS NENOS DOS BOLOS
















Os sábados veñen por Ronsel uns amigos novos, son os nenos dos bolos que nos traen o almorzo. Andan pola Adina, vendendo para a excursión de fin de curso, e nos deixan uns boliños para pasar a mañá. Veñen moi ben cando almorzas pouco, e senón que llo digan a Lola.
Un saúdo.

miércoles, abril 11, 2007

LATANDA




















Descubrín un novo espazo artístico e creativo aberto á mocidade en Vigo para exposicións, concertos, teatro, recitais poéticos, pintura, fotografía, curtametraxes... Latanda encóntrase no pub El Ensanche, Santiago, 1, 1ª travesía en Vigo. A entrada custa 2 €, o 50% da recadación destinarase a Amnistía Internacional. Existe a posibilidade de facerse socio por 12 € ó ano recibido unha camiseta, unha chapa, desconto do 50% na entrada, información semanal da programación e carné de socio. Podedes achegaros tódolos sábados a partir das 19 horas.

viernes, abril 06, 2007

X CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS ISAAC DÍAZ PARDO














Os artistas galegos, ou residentes en Galiza, que traballen no campo das artes plásticas (pintura ou obra gráfica), poden concorrer a este certame, cun máximo de dúas obras de técnica e temática libre. O certame ten por obxecto a exposición e adquisición de obra por un importe máximo de 45.000 €. Máis información.

martes, abril 03, 2007

COWPARADE EN VIGO














Ao longo dos últimos oito anos, centos de vacas veñen dando vida a diversos centros urbanos de grandes capitais como Zurich, Chicago, Nova York, Sydney, Houston ou Londres.
Colocadas en grandes beirarrúas, prazas e xardíns, as vacas convértense nun espectáculo de primeira magnitude. O público identifícase ao momento coas vacas cando comeza a percibir elementos e símbolos relacionados ca arte, a cultura e os costumes locais.Os patrocinadores convértense entón nos principais protagonistas posto que son eles quen fan posible este gran espectáculo.
CowParade é un fenómeno social que convida ao cidadán a participar estimulado pola orixinalidade e a magnitude do acontecemento, disposto a descubrir o resto de rabaño. Intrigado pola cantidade e calidade de vacas,o público gravitará arredor das vacas durante os tres meses de exposición gozando deste espectáculo único e gratuíto.A exposición cérrase para dar paso a unha gran subhasta de Caridade que permitirá recaudar fondos para as ONGs que o Concello de Vigo considere máis adecuadas.
CowParade é un acto público gratuíto financiado a través de empresas patrocinadoras públicas ou privadas e que favorece ás ONGs.As vacas de fibra de vidro de tamaño natural, deséñanas, píntanas e decóranas artistas locais ou ben créanse pensando nunhas necesidades concretas, promoción de marca ou produtos dunha empresa en particular. Despregadas en prazas, rúas, parques e xardíns da cidade actúan como atracción turística, provocan o sorriso do visitante e dos membros da comunidade, e á súa vez contribúen á vida e á economía da cidade que as acolle. A primavera de 2007 verá unha nova edición CowParade, o maior espectáculo artístico público do mundo, cando as vacas se expoñan nas rúas e prazas de Vigo.