martes, abril 03, 2007

COWPARADE EN VIGO














Ao longo dos últimos oito anos, centos de vacas veñen dando vida a diversos centros urbanos de grandes capitais como Zurich, Chicago, Nova York, Sydney, Houston ou Londres.
Colocadas en grandes beirarrúas, prazas e xardíns, as vacas convértense nun espectáculo de primeira magnitude. O público identifícase ao momento coas vacas cando comeza a percibir elementos e símbolos relacionados ca arte, a cultura e os costumes locais.Os patrocinadores convértense entón nos principais protagonistas posto que son eles quen fan posible este gran espectáculo.
CowParade é un fenómeno social que convida ao cidadán a participar estimulado pola orixinalidade e a magnitude do acontecemento, disposto a descubrir o resto de rabaño. Intrigado pola cantidade e calidade de vacas,o público gravitará arredor das vacas durante os tres meses de exposición gozando deste espectáculo único e gratuíto.A exposición cérrase para dar paso a unha gran subhasta de Caridade que permitirá recaudar fondos para as ONGs que o Concello de Vigo considere máis adecuadas.
CowParade é un acto público gratuíto financiado a través de empresas patrocinadoras públicas ou privadas e que favorece ás ONGs.As vacas de fibra de vidro de tamaño natural, deséñanas, píntanas e decóranas artistas locais ou ben créanse pensando nunhas necesidades concretas, promoción de marca ou produtos dunha empresa en particular. Despregadas en prazas, rúas, parques e xardíns da cidade actúan como atracción turística, provocan o sorriso do visitante e dos membros da comunidade, e á súa vez contribúen á vida e á economía da cidade que as acolle. A primavera de 2007 verá unha nova edición CowParade, o maior espectáculo artístico público do mundo, cando as vacas se expoñan nas rúas e prazas de Vigo.

No hay comentarios: