viernes, marzo 30, 2007

DE PICTURA














Onte, anunciado na prensa e en concreto no diario La voz de Galicia, aparece a noticia dunha interesante exposición, no Centro Social Caixanova de Pontevedra. Esta institución acollerá dende o 28 de marzo ata o vindeiro 27 de maio a exposición Destino la Libertad 1962 – 2002. Colección De Pictura, que inclúe obras de grandes artistas como Barceló, Broto, Saura, Tàpies o Sicilia. O resultado é unha exposición impactante e potente, formada por obras de gran formato, a través das cales o espectador parece mergullarse nun mundo de intensidade, cor, forza expresiva e pasión creativa.
A mostra permanecerá aberta ao público en horario de 18.00 horas a 21.30 horas todo os días da semana, ademais de en horario de mañá de 11.00 horas a 14.00 os sábados, domingos e festivos.
Invítovos a visitala, e a percorrer unha etapa artística dentro da arte nacional, visagra de creación das novas avangardas e o arte contemporáneo dos nosos días.

No hay comentarios: