martes, marzo 06, 2007

DESPEDIDA CON TANXARINA







O venres RONSEL pechou moi tarde... Tivemos a visita dun grupo de titiriteiros chamado Tanxarina, que nos deleitaron con demostracións das posibilidades de representación dos títeres de luva. O curso comezou o día 26 de xaneiro, e dende aquela os 15 alumnos puxeron as súas habilidades para a confección e elaboración dos títeres de luva. Temos que dicir que o curso fíxose curto, quedounos por ver a confección a tamaño real dun teatrillo para as representacións. Esperamos que non tarde moito a organización dunha próxima continuación.
É preciso agradecer a colaboración desinteresada de Tanxarina, que ofreceron unha gran profesionalidade na charla, cos seus coñecementos e o seu manexo, non só de títeres de luva, senón tamén de variña con diferentes modalidades.
Ó final saímos todos cenados cunhas boas racións de empanada e viño da casa.
Grazas Tanxarina e ata outra.
P.D. Se queredes apreciar ó seu manexo non vos perdades as súas representacións no Festival Internacional de Redondela o próximo mes de maio.

No hay comentarios: