jueves, julio 19, 2007

PIN UP

Estamos no verán e a actividade de Ronsel é moito máis relaxada que no inverno, por iso as entradas dende o mes pasado son moi escasas. Pero seguimos aquí, dando clases de apoio para os exames de setembro, e adicando ese tempo libre que nos deixa a praia para relaxarnos pintando. Ardoiz veu de rematar un lenzo moi especial, comezado xa na casa e rematado no obradoiro. Agora que está tan de moda a volta ao pasado, en concreto aos anos 70 e 80, nesta obra amósase un estilo que recorda máis ben aos anos 50 ou 60, onde a publicidade e a imaxe feminina tiñan un estilo moi lonxano do que vemos hoxe nos anuncios de prensa. Destaca a voluptuosidade das formas corporais, a erótica do estilismo e a sinxela representación dunha figura de muller insinuante, onde os abalorios e unha escasa prenda tapan o imprescindible.

No hay comentarios: