Esta exposición reúne algunhas das obras máis significativas de Millares, Saura, Viola, Canogar y Martín Chirino, entre outros compoñentes do grupo El Paso. A mostra supón unha oportunidade para mirar un episodio único que marcou unha gran influencia nas xeracións posteriores, que souberon beber das fontes destos revolucionarios da arte do século pasado. Máis que dun movemento artístico trátase de toda unha revolución cultural. Os membros do grupo El Paso foron capaces de rematar co academicismo imperante na arte e incluso introduciron novas técnicas inexistentes na España de aqueles anos. Influenciados polo expresionismo abstracto que fora capaz de romper os moldes existentes, aplicaron o dripping ás súas obras, usaron soportes como as arpilleiras ou teas metálicas, emplearon area, pegaron obxectos ao lenzo e incluso o rasgaron, ademáis de utilizar o característico volume de pasta. Desta forma crearon un novo concepto del espazo pictórico. Ata o vindeiro 14 de outubro, na sala de exposiciones do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra.jueves, septiembre 20, 2007
EL PASO. POÉTICA E INFORMALISMO
Esta exposición reúne algunhas das obras máis significativas de Millares, Saura, Viola, Canogar y Martín Chirino, entre outros compoñentes do grupo El Paso. A mostra supón unha oportunidade para mirar un episodio único que marcou unha gran influencia nas xeracións posteriores, que souberon beber das fontes destos revolucionarios da arte do século pasado. Máis que dun movemento artístico trátase de toda unha revolución cultural. Os membros do grupo El Paso foron capaces de rematar co academicismo imperante na arte e incluso introduciron novas técnicas inexistentes na España de aqueles anos. Influenciados polo expresionismo abstracto que fora capaz de romper os moldes existentes, aplicaron o dripping ás súas obras, usaron soportes como as arpilleiras ou teas metálicas, emplearon area, pegaron obxectos ao lenzo e incluso o rasgaron, ademáis de utilizar o característico volume de pasta. Desta forma crearon un novo concepto del espazo pictórico. Ata o vindeiro 14 de outubro, na sala de exposiciones do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra.lunes, septiembre 03, 2007
ENTRE PORTONOVO E OURENSE
O Centro Técnico San Martín nace para alcanzar a solución ao problema de conservación do patrimonio galego e en especial o da provincia de Ourense, debido ao seu alarmante estado de degradación.O Centro ten como obxectivo principal a correcta e minuciosa restauración do patrimonio e asegurar a calidade e rigurosidade das intervencións, contando cun equipo multidisciplinar, coordinado, que desenrola un incansable traballo de recuperación, conservación e formación, seguindo unha estricta metodoloxía de analise, identificación, coñecemento da obra, conservación, conservación preventiva e restauración científico-técnica.
OS PINCEIS... VENRES E SÁBADO
viernes, agosto 24, 2007
COMEZA BEN O CURSO
Un novo curso está a punto de comezar. Os preparativos escolares son unha pesada carga económica que pode afectar a moitas familias.Dende o centro de ensino RONSEL, queremos facilitar a tódolos pais esta volta ao cole. Se eres estudante de calquera dos niveis de EDUCACIÓN PRIMARIA, tes a posibilidade de recibir CLASES PARTICULARES GRATUITAS durante todo o mes de SETEMBRO. Só tes que contactar con nós ANTES do 31 de AGOSTO, e poderás disfrutar desta axuda para tódolos cursos e materias.
Cada semana os alumnos interesados poderán asistir a unha clase de duas horas, da materia elixida. Impartidas por mestres titulados, as clases serán de grupos reducidos. A oferta estará vixente ata cubri-los grupos dispoñibles.
RONSEL dispón tamén de CLASES PARTICULARES de E.S.O. e Bacharelato, así como OBRADOIROS DE ARTE, con actividades de debuxo, pintura, collage, modelado e manualidades para os máis pequenos.
Cada semana os alumnos interesados poderán asistir a unha clase de duas horas, da materia elixida. Impartidas por mestres titulados, as clases serán de grupos reducidos. A oferta estará vixente ata cubri-los grupos dispoñibles.
RONSEL dispón tamén de CLASES PARTICULARES de E.S.O. e Bacharelato, así como OBRADOIROS DE ARTE, con actividades de debuxo, pintura, collage, modelado e manualidades para os máis pequenos.
Así que, non o penses máis, e...
comeza ben o curso.
comeza ben o curso.
A ALDEA
martes, agosto 21, 2007
RINCÓNS DE SANXENXO
O venres pasado organizouse o II Concurso de Pintura ao Aire Libre "Rincóns de Sanxenxo". Unhas alumnas de Ronsel e máis eu decidimos presentarnos e as dez da mañá xa estábamos plantadas na praza de Bordóns, cuns ricóns elixidos e dispostas a pintar un lenzo ao óleo. Pola tarde, xa rematadas as pinturas presentámonos na praza do Concello, onde o resto dos artistas e mais nós mostramos o traballo realizado durante toda a xornada. O Centro Cultural e Deportivo de Sanxenxo, organizador do evento procedeu a entregar os premios aos galardonados. Máis información preme aquí.martes, agosto 14, 2007
O NENO XESÚS DA VIRXE DO CARME
miércoles, agosto 08, 2007
CAFETERÍA SAUDADES
Dende hoxe ata finais deste mes de agosto, parte das miñas obras encóntranse expostas nesta cafetería situada en pleno Paseo de Silgar. Moitos recoñecerán parte dos lenzos, unha colección feita de pequenas postais de lugares visitados. Destacar tamén dous lenzos de esceas de baile, onde o retrato destaca por sí mesmo. In situ comprobaredes o realismo da representación cun intento de recoñecer ata o extremo a realidade representada.martes, julio 31, 2007
PINTURA GALEGA DO XIX E XX
A Sala de Exposicións de Nauta Sanxenxo, ubicada no Porto Deportivo Juan Carlos I, acollerá unha mostra de relevantes pintores dos séculos XIX e XX. A partir de mañán, día 1 de agosto, poderemos ver unha mostra de óleos dos máis importantes artistas galegos como Sotomayor, Avendaño, Colmeiro, Laxeiro, Souto, Seoane, Maside, Antonio Fernández, Frau, Eugenio Granell, Manuel Torres, Castillo, Solla e Grandio, entre outros. Ademáis, veciños e visitantes do municipio poderán contemplar tamén obras de integrantes da Escola de París como Bores, Ismael de la Serna, Ginés Parra, Lago Rivera, Grau Sala e Viñes; así como de artistas pertencentes ao grupo El Paso entre os que destaca Canogar e Saura.Esta iniciativa, organizada pola galería de arte Montenegro de Vigo permanecerá aberta ao público do 1 ao 5 de agosto en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 23 horas.
martes, julio 24, 2007
CENTRO TÉCNICO SAN MARTÍN
A partir do 3 de setembro, a miña vida discorrerá paralela entre Ronsel e o novo Centro Técnico San Martín. Formando parte dun equipo de profesionais da restauración, levaremos a cabo como obxectivo principal a correcta e minuciosa restauración do patrimonio, asegurando a calidade e rigurosidade das intervencións, que desenrolará un incansable traballo de recuperación, conservación y formación. Ronsel manterá a súa andaita, tanto artística como de ensino particular, guiado coas mesmas directrices que ata o de agora. viernes, julio 20, 2007
TRAS AS PEGADAS DE DELOS
O pasado xoves, día 19, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, Ames, a Asociación galega de arte e cultura AGAEC, inaugurou, coa presenza do alcalde e concelleiro de cultura do citado concello, unha exposición colectiva itinerante, baixo o título "Tras as pegadas de Delos", na que poderá contemplarse pintura, escultura, gravado, cerámica, fotografía, debuxo e tapiz.Perto de 40 obras realizadas por 15 membros de dita asociación: Teresa Añón, Beatriz Núñez, Esther Molinero, Carmen Sevillano, Fran Lareo, Javier Reiriz, Rosa Fernández, Paco Ramos, Sagrario Rilo, Pepa Mariño, Jesús Pereira, Isabel Andrés, Aurora Pombo, Cuca Pérez e Pepe Potel. E 15 artistas plásticos novos procedentes de: Bélxica, Inglaterra, Alemania, Finlandia, Romanía, Italia, Siria, Canadá, EEUU, Brasil, Arxentina e Cuba: Reina D´Hore, David Crooks, Maribel Dos Anxos, Carita Dubrovin, Denisa Curte, Antonio Calla, Alí Alí, Anyck Kerloc´H, Justin, Stock,María Chenut, Fabiana Corrêa, Cristina Pérez, Patricia Malvestiti, Daviz Plana e Orlando Yanes respectivamente. Tamén contará con representantes do eido da plástica de Madrid, Carlos Crespo e Vicente Ruiz, Salamanca, Cidade Real, Granada e Cádiz.
Os traballos que se expoñen foron elaborados polos distintos creadores con total liberdade formal e conceptual, aprotando cada un a súa particular visión do mundo, o seu persoal linguaxe expresivo.
A pluralidade de plantexamentos intelectuais e culturais que ún pode contemplar no incomparable marco do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ata o día 31 de xullo, constitúe, sen dúbida, un factor de enriquecemento individual e colectivo ao tempo que ofrece a posibilidade de abrir un espazo de diálogo e comunicación entre artistas e público, unha inmellorable oportunidade para mergullarnos na diversidade artística e cultural.
O día 1 de agosto trasladarase á Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal e continuará o seu percorrido por distintas salas municipais de Galicia. No mes de setembro poderá visitarse na Galería Sargadelos da Estrada, estando previsto que finalice esta itinerancia internacional en Oporto.
jueves, julio 19, 2007
ALTERARTE
Onte, ás 16:30 horas da tarde, inaugurouse na sala de exposicións de Nauta Sanxenxo, no porto Juan Carlos I, unha exposición de artistas plásticos galegos. Catorce artistas participan con diferentes técnicas, neste lugar de exposicións moi ben situado para a parada e disfrute da arte da nosa comunidade. A feira Alterarte rematará o próximo 24 de xullo, polo que non desaproveitedes a ocasión de asistir.PIN UP
miércoles, julio 11, 2007
O POZO
lunes, julio 02, 2007
ROMA
Buscas en Roma a Roma ¡oh peregrino!
y en Roma misma a Roma no la hallas:
cadáver son las que ostentó murallas
y tumba de sí proprio el Aventino.
Yace donde reinaba el Palatino y limadas del tiempo,
las medallas más se muestran destrozo a las batallas
de las edades que Blasón Latino.
Sólo el Tibre quedó, cuya corriente,
si ciudad la regó, ya sepultura
la llora con funesto son doliente.
¡Oh Roma en tu grandeza, en tu hermosura,
huyó lo que era firme y solamente
lo fugitivo permanece y dura!
FRANCISCO DE QUEVEDO
Poemas del Alma
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
