Aquí temos un motivo sinxelo e simple: unha árbore de ramaxe espido. As formas son secundarias, deixando o protagonismo ao fondo, unha gradación de cores que simulan un atardecer de recordo oriental. O paso do amarelo pálido ao laranxa serve de contraste cos motivos decorativos das flores e follas, brancos e verdes, motivos da pintura. Mónica López persegue unha composición decorativa, onde o cromatismo é o principal elemento a ter en conta.
sábado, febrero 16, 2008
lunes, enero 28, 2008
UNHA MEDALLA MÁIS
O ministro de Traballo, Jesús Caldera, impuxe hoxe luns na Coruña a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo a Isaac Díaz Pardo, despois de que fosen galardoados polo Consello de Ministros o pasado 7 de decembro.Díaz Pardo foi distingido xunto con outras 33 persoas, co obxectivo de premiar e destacar o mérito dunha "conduta socialmente útil e exemplar" no desempeño dos deberes que impón o exercicio de calquera traballo, profesión ou servizo, segundo informaron dende o Ministerio en nota de prensa.
Na edición deste ano están representadas todas as comunidades autónomas e outorgáronse medallas a un total de sete empresarios, un líder social, nove educadores e académicos, dous profesionais superiores, nove traballadores e seis traballadoras da cultura e a arte.
Isaac Díaz Pardo recibía onte coa súa habitual modestia a nova da condecoración, comentando que o seu maior mérito é o de pasarse a vida "templando gaitas". En todo caso, agradeceu a medalla, sobre todo por ser otorgada nun momento coma o actual, xa que foi apartado da dirección do Grupo Sargadelos, que fundou xunto con Luis Seoane e Andrés Fernández Albalat. O seu último refuxio, incluso vital, é o Instituto Galego de Información e a nova dirección acaba de convocar unha xunta de accionistas do IGI para restarlle o pouco poder que queda ao fundador, que teme que queiran vender o edificio e quedarse cos cartos, poñendo así fin a un proxecto cultural de décadas.
ANTONIO MURADO AM 34 x 24 Vol.1
A exposición "Antonio Murado AM 34 x 24 Vol.1" segue de xira polas principais cidades galegas e agora tócalle recalar nas pertencentes á provincia de Pontevedra. Do 25 de xaneiro ao 30 de marzo, divídese entre o Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia de Vigo e a Sede F.C.G. de Pontevedra para mostrarnos o último traballo do artista lucense. Con ela poderemos coñecer de preto 107 pezas de Antonio Murado ademais dun texto do seu irmán, o periodista, escritor e guionista Miguel-Anxo Murado.COIDAR O NOSO PATRIMONIO
Podemos defini-lo patrimonio cultural dun pobo como o conxunto de bens, materiais e inmateriais, de recoñecido valor que reflicten as tradicións e a forma de vivir e pensar ó longo do tempo. Podemos dicir que o patrimonio cultural de Galicia é o conxunto de elementos materiais e inmateriais que conforman as características específicas da nosa cultura e caracterízase pola súa abundancia, variedade e ampla dispersión xeográfica así como a vinculación á paisaxe que os rodea.Na concepción recollida na Constitución Española a noción de ben cultural queda subordinada á posibilidade do gozo público, o que, á súa vez, se vincula ó deber de conservación, e iso con independencia de que a súa titularidade sexa pública ou privada.
Así pois, xa que os bens culturais teñen un valor de testemuña histórica e de civilización, os propietarios e as diversas administracións deben preservar ese interese xeral que é o noso patrimonio histórico. No exercicio dese cometido estes entes públicos precisan a colaboración das institucións e, sobre todo, dos cidadáns, no coidado, defensa, protección, conservación e custodia de tódolos bens que forman parte do noso patrimonio cultural.
Nembargantes, para protexe-lo noso patrimonio cultural resulta necesario coñecelo e valoralo mellor; ó tempo que esa concienciación nos axudará a entende-las nosas raíces.
jueves, enero 24, 2008
UN PICASSO
``Un Picasso´´ parte do feito real, ainda que todo o que vexamos e escoitemos en escea fora ``probablemente´´ inventado polo escritor americano Jeffrey Hatcher. Durante a ocupación nazi de París, Picasso é detido por uns soldados alemáns. Hai humor, poesía, teatralidade e un magnífico vehículo para que, pasando por diferentes matices, dous actores da talla de José Sacristán e a galega Sonia Castelo luzan en todo o seu esplendor. Na Coruña e Pontevedra os días 25, 26 e 27 deste mes.jueves, enero 10, 2008
EN PORTADA
Esta semana visitounos no Centro de Restauración de Ourense, onde traballo, uns reporteiros de La Voz de Galicia, para facer unha reportaxe. Cal foi a nosa sorpresa cando nos vimos na portada da edición do día seguinte. O que non sabía era que tamén saíra no resto das edicións galegas, por eso apureime tanto en compra-lo. Ao resto do equipo e máis a min, fíxonos moita ilusión de ver publicado o traballo e a descripción do centro que realmente pode considerarse único en Galicia, polo traballo que abrange, pola tecnoloxía que posee nas súas instalacións, e sobre todo, pola obra coa que se traballa, que é de luxo. Aquí me tedes coa última obra restaurada, un San Antonio Abad, que en Galicia chamámoslle popularmente San Mauro, e que como santo dos animais ven moi ben acompañado por un porquiño. Se queredes ver a noticia completa premede aquí.viernes, enero 04, 2008
ESPIDO
lunes, diciembre 31, 2007
DÍA A DIA... UVA A UVA
Unha noite tan especial como a de hoxe, comeza moi cedo e remata ao amencer. Temos a moitos aos que saudar e felicitar o ano. Temos a moitos aos que vemos só nesta noite. Temos a moitos a quen bicar e cos que bailar. Que estas intencións non queden na noite e permanezan nos 365 días seguintes. FELIZ ANO 2008¡¡¡PASAMENTO DE XAIME QUESADA
O artista ourensán Xaime Quesada Porto morreu este domingo aos 70 anos de idade. O pintor, gravador e escenógrafo, gañador da Medalla Castelao de 2004, morreu na súa casa de Ourense despois dunha longa enfermidade.Aos dezanove anos entrara a estudar na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, onde integrou o grupo O Volter, inspirado por Vicente Risco e Ramón Otero Pedraio, xunto a Acisclo Manzano e José Luis de Dios. A súa obra atópase espallada por museos de todo o mundo, entre eles o do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. O creador, coñecido artísticamente como Quessada, era unha das figuras máis salientábeis das artes plásticas galegas do século XX. Xa perdera un fillo, tamén pintor, Xaime Quesada Blanco, que finou en xuño de 2006 aos 30 anos.Os restos de Quesada foron enterrados hoxe luns ás catro e media da tarde no cemiterio de Señorín, no Carballiño.¡A túa obra rememorará a túa aportación a Galiza,... ata sempre Quessada!

sábado, diciembre 29, 2007
FRUTAS DE CORES
viernes, diciembre 28, 2007
SOMBREIROS SEN CHAPEU
Os nosos amigos de Tanxarina presentan un novo espectáculo de sombras chinesas que non vos podedes perder. “Sombreiros sen Chapeu” é un espectáculo onde a silueta negra é a protagonista, a luz é o espazo escénico e a música a narradora das accións. Non hai palabras, sustituidas nesta ocasión por unha sutil manipulación dos personaxes que a través de oito pequenos relatos contan historias para o divertimento e contemplación do ollo do espectador.Veremos a “Charlot” convertido en improvisado patinador “grazas” as trasnadas do seu inseparable can; tamén un mago chinés coa sua troupe de coellos, excelentes equilibristas; un camiñante que atopa unha sorprendente pedra , un concerto con final calamitoso…e moitos máis personaxes.
Un espectáculo onde os titiriteiros de TANXARINA transformados en sombreiros sen chapeu presentan unha montaxe en branco e negro chea de novas ideas elaboradas en sombras chinesas e desenvoltas no seu taller de construción, manipulación e ensaios.
sábado, diciembre 22, 2007
ISABEL GUERRA: A MONXA PINTORA
“Yo era una niña rebelde que rechazaba a los maestros. Quería hacerme mi propia escuela. Y no estoy arrepentida”Isabel Guerra é a monxa pintora que, dende a súa clausura no mosteiro cisterciense de Santa Lucía, Zaragoza, chega cada dous ou tres anos a Madrid para expoñer os seus cadros: cheo asegurado, venda total. As súas vocacións son paralelas dende a adolescencia: foi unha nena rebelde que quixo pintar e amar a Deus, autodidacta. Non creades que a vida monástica apartouna das preocupacións terrenas: convencida de que este mundo non pode gustarlle a ninguén, a súa obra contén unha mensaxe de esperanza: a beleza é posible, non todo está perdido.
A TORRE, O VENTO, LOLA E MÁIS EU
BO NADAL ARTISTAS¡
¡qué ven Nóel!
un home vello
con un tonel.
Un pucho trae
Un pucho trae
máis branca barba
que lle conxunta
con un bó traxe.
O vello é forte
O vello é forte
coma un carballo
tira do carro
coma un cabalo.
¡A durmir, nenos!
¡A durmir, nenos!
que nos escapa
se non durmides
non deixa nada.
viernes, diciembre 21, 2007
O MUSEO DO MAR
Cinco anos logo da súa inauguración, o Museo do Mar de Galicia volve ter unha nova oportunidade para converterse nunha institución de referencia para a cultura marítima galega. O próximo 21 de decembro, o museo vigués abrirá definitivamente as súas portas cunha exposición permanente para os visitantes.O camiño ata esta nova etapa foi longo e tortuoso, xa que hai que remontarse ao ano 1992 para situar o inicio da historia do museo. Foi entón cando os arquitectos Aldo Rossi e César Portela recibiron o encargo da Consellería de Cultura.
As obras comezaron ao ano seguinte na parroquia viguesa de Alcabre, no mesmo emprazamento que ata uns anos antes ocupara o matadoiro municipal. A aparición dun castro obrigou a paralizar as obras mentres os arqueólogos facían o seu traballo.
A morte do arquitecto Aldo Rossi e a quebra da empresa encargada de realizar as obras retardaron tanto o proceso que en 1999 era máis acertado seguir falando de proxecto que de realidade algunha.
Ese mesmo ano, a Consellería de Cultura traspasou a titularidade do futuro centro ao Consorcio da Zona Franca de Vigo, que asumiu o proxecto na súa integridade, sendo César Portela o arquitecto encargado de dirixir a obra.
No ano 2002 concluíron as obras e abríronse as portas para acoller unha exposición conmemorativa do tricentenario da Batalla de Rande. Foi o momento de gloria do museo, que sería visitado por miles de persoas durante varios meses.
Durante os tres seguintes anos, o Museo do Mar converteuse nunha gran sala de exposicións, centro de conferencias, e ata de desfiles de moda, pero nin rastro da exposición permanente ideada por unha comisión científica.
Aínda por riba de males, o edificio mostrou as súas deficientes condicións físicas como espazo museístico, polo que a comezos do 2006 foi pechado para realizar importantes obras estruturais. César Portela volveu facerse cargo do traballo para converter o edificio nun espazo museístico.
A finais do 2006, a Consellería de Cultura e o Consorcio da Zona Franca de Vigo asinaron un convenio polo cal a titularidade do museo volverá á Xunta, aínda que o ente estatal seguirá financiándoo ata o 2010. Desde entón, La Voz de Galicia desvelou que o edificio carecía de calquera tipo de licenza, algo que se está solucionando na actualidade.
A partir do próximo venres, o Museo do Mar de Galicia contará cunha nova oportunidade para converterse en algo con futuro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

