viernes, diciembre 22, 2006

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN


Unhas fotiños nada máis para ilustrar o obradoiro desta tarde, onde os rapaces déronlle ós miolos para atopar unha forma de ilustrar unha historia.
Non é tan doado como se pensa, así que tiveron que adicar tempo a deseñar a futura ilustración. Os resultados foron escasos pero bos. A elección queda xa nas mans do escritor, do que esperamos máis anécdotas, contos e outras historias do lugar.

miércoles, diciembre 20, 2006

GRAZAS JORGE















É de ben nacido ser agradecido, así que aproveito esta entrada para darche as grazas pola túa colaboración e axuda na publicación do artigo do pasado 3 de decembro na Revista de Adina. Seguiremos en contacto por ese proxecto que tes entre mans, e outros máis que han de surxir.
Saudiños.

OBRADOIROS DE NADAL








Nestas festas, como anos anteriores damos comezo ós obradoiros de nadal para nenos de entre 4 e 12 anos. Este sábado 23, entre as 17 e 19 horas terá lugar O CAMIÑO DAS ESTRELAS. Aquí tedes un adianto:







¿Cantos tipos de estrelas vemos no ceo?
¿Cantas delas baixaron á Terra e viven connosco?
Pensamos que moitas, pero non con forma de estrela
Foron e son poetas, músicos, actores...
...e artistas
Son estrelas con corpo de homes e mulleres que nos iluminan coas súas obras
Cada vez que crean algo brilan máis có sol
¿Queres coñecelas?
Recorreremos xuntos o ceo polo camiño da pintura. Atoparemos xuntos as obras que máis brilan.
¿Queres ser estrela e iluminar o ceo pintando?

Esperámoste !!!!!

lunes, diciembre 04, 2006

PÓDESE CHAMAR ROUBO












Quero espoñer o meu malestar e indignación ante o que ven sendo un roubo en palabras ben sonantes. Aproveito o blog para avisar a navegantes que non saiban a diferenza entre unha baixa técnica e unha baixa administrativa.
Ó trocar de compañía de ADSL, chamei a antiga empresa (YA.COM, que quede clariño) para asegurarme da baixa. Sen embargo un mes despois, aparecía domiciliado un recibo sen percibir servizo. Ó chamar a antiga compañía dinme que só teño a baixa técnica e non a administrativa, para a cal necesito enviar unha carta cos meus datos, solicitando a baixa total do servizo. Así o fago o día 2 de outubro. Cal e a miña sorpresa que acabo de recibir un segundo recibo e ó chamar dinme que a carta non chegou 15 días antes de comezar a contar a factura (o 15 de outubro), polo cal a factura hai que pagala. Despois de falar (se se pode chamar así) coa compañía non atopo outra resposta que a de abonar a factura, por un erro meu, claro.
E me pregunto, tanta tecnoloxía e temos que enviar unha carta para a baixa, non podemos enviar un email. Tanto protocolo para a baixa cando dar de alta só te custa unha chamada. Tanta información e cando solicitas a baixa non te din que te seguirán cobrando porque realmente segues dada de alta e sen servizo, esto é o colmo. Pero peor é que te pasen por ignorante cando te din que a nova compañía coa que contratas o servizo é a responsable de avisarte de cómo tes que darte de baixa administrativa coa túa compañía. Eso xa é a repera.
Pois nada, así estou e estarei ata que me esqueza do abono da derradeira mensualidade, se é a derradeira.

MARIÑA II




















Continuando a serie comezada fai uns meses, Isabel volve a presentar unha nova obra rematada da serie "MARIÑAS". A temática, por suposto é a mesma, así como a técnica ó óleo feita con espátula. Queda pendente un segundo lenzo, que tardará en sair, xa que a alumna mudou de idea e as obras van a pasar a un espazo non contemplado nun primeiro momento. Por iso, deixará de lado a serie durante ó Nadal. A seguinte obra, a piques de comezar, terá un troco na temática, seguindo co modo de pintar dela.

viernes, diciembre 01, 2006

O LAZO VERMELLO













Nunha data como a de hoxe, non podemos deixar de esquecer a aqueles que sobreviven e se enfrontan diariamente a unha enfermidade da que ainda non se coñece cura. 1º de decembro, día internacional do SIDA

lunes, noviembre 27, 2006

CONCLUSIÓNS DAS TIC











"A resignación é un suicidio cotidiano" Honoré de Balzac

viernes, noviembre 24, 2006

A NENA DA MANCHA




















Unha obra máis sae hoxe do obradoiro de arte RONSEL. Trátase dunha pintura moi especial. Para a autora, a alumna Ardoiz, a temática foi un reto. Anteriormente xa practicara o xénero do retrato, pero sempre cunha técnica rápida e acrílica. A presente representación constituía unha variable, tanto pola temática: retrato de figura humana de paleta colorista oscura; como pola técnica: aplicación da espátula, ademáis do pincel, nas últimas capas.
Ainda que precisa de práctica no último punto, o resultado é moi satisfactorio, podendo dicir que é o comezo dunha trayectoria pictórica diferenciada da anterior.
A partir de agora, as esixencias crecen.
Pedirémoste máis, Mª Xosé.

lunes, noviembre 20, 2006

PURO ARTE 2006















O tempo non acompañaba, chovía máis que escampaba. O tempo tampouco daba para moito, a fin de semana coincidira moi ocupada. Chegamos ó recinto feiral ás cinco da tarde e comezamos a andar entre os stands das galerías repletos de obra. Non esperaba atopar o que alí vin. A mostra que os empresarios expoñían era para tódolos públicos, asequible ó que non frecuenta salas de exposicións e museos. As instalacións audiovisuais que tan acostumados estamos a ver como algo xa coexistente co resto das manifestacións artísticas nunha mostra de arte, encontrábanse en minoría.









Unha manifestación destacable: a exposición de obras de escultura hiperrealista. As pezas, se non estiveran espidas, confundiríanse co resto da xente que as rodeaba. Dende as veas ata os poros da pel podíanse apreciar nesas figuras que estaban a punto de te falar.



















Totalmente recomendabel, ilustrativo e entretido o percorrido pola feira que nos levou andando, andando ás tres horas de visita. Ás oito do serán saíamos cara Sanxenxo. O ano que ven..... máis.

XORNADAS GALEGAS FAMILIA E ESCOLA




















Dende o venres ata o domingo estivemos disfrutando dunha serie de ponencias expostas por profesionais de diversa índole no mundo do ensino e da familia. Destacar dúas agrupacións descoñecidas: unha en parte, como foi a Fundación Preescolar na Casa, onde volvín a dar cun compañeiro e amigo daquela estancia en Vilar de Santos, Toño. Coñecino facendo o seu traballo dentro da fundación na biblioteca deste concello ourensá. Quedei moi sorprendida e á vez interesada por esa experiencia descoñecida, como era compartir a educación do neno cos pais na mesma clase, servindo de orientación e preparación para os segundos. Presentoume á encargada na zona do Salnés, en concreto na zona de Meis, Meaño..., onde teñen pensado abrir unha galescola. Ela é Luz, coa que compartirei un café para que me explique máis polo miúdo o desenrolo desta actividade e ver a posibilidade de introducila no concello, se non a nivel institucional, a posibilidade de levala a cabo en Ronsel.
A outra institución con un interese especial foi o Seminario Galego de Educación para a Paz. Manuel Dios Diz, o seu presidente, propoñeu un modelo de ensino onde os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflictos e a interculturalidade sexan unha materia máis. A ponencia comezou cunha proxección: En Son de Paz onde o que mais e o que menos non puido evitar unha bágoa frente a realidade que nos rodea. Así e todo o desenrolo que veu despois non desmereceu o interese e deixounos pensando nunha idea de respecto polos demais, pola vida, pola terra, polo que atopamos e polo que deixamos; para practicalo e para ensinalo.

viernes, noviembre 17, 2006

MARIÑA I




















Esta semana rematouse no obradoiro de debuxo e pintura unha obra da alumna Isabel M. M. Sen perder a temática que leva practicado durante o pasado curso, así como a técnica de óleo mediante espátula, consegue outra vez unha visión paisaxística de gran realismo. Este lenzo, Mariña I, vai ir seguido de dous máis que publicaremos así como os remate.
Segue así Isabel.

ASOCIACIÓN ANDREA

















Hoxe vou aproveitar a entrada do día para facer referencia a unha asociación adicada a defensa, recuperación e estudo terapéutico cos burros. Chámase ANDREA e é a única asociación deste tipo en toda Galicia, con unha grande importancia a nivel nacional e internacional. Recoméndovos a seu espazo web, donde atopareces máis información das súas actividades, así como das historias, moitas delas desafortunadas, dos burros recollidos pola asociación. Aparte de mellorar a calidade de vida destes animais, esta asociación sen ánimo de luco, dalle unha nova función, como é a de axudar con terapias a todos aqueles colectivos de persoas con discapacidades ou problemas de comportamento.
Está moi pretiño de nós, nun marco incomparable nas aforas de Pontevedra.

jueves, noviembre 16, 2006

SE HABLA GALLEGO

















Sempre doado de pasar á práctica...

miércoles, noviembre 15, 2006

SE NON TES QUE FACER NO FIN DE...



Este fin de semana paréceme a min que vou a estar un pouco liada. Temos dúas citas que non podemos deixar escapar. Por un lado as Xornadas Galegas Familia e Escola, onde diversos profesionais da ensinanza daranse cita no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo. As charlas xirarán entorno a responsabilidade que teñen os da casa e os da escola no tema da educación. Sabemos que sempre se tiran pedras fora do propio tellado, por iso neste caso intentaremos estar máis cerca da opinión contraria e conseguir reconducir un pouco aqueles comportamentos menos axeitados nos nosos nenos.

A outra cita, e non menos importante e a da I Feira Internacional Puro Arte en Vigo, onde dende o venres ata o próximo luns, exporanse as ultimas novedades en arte. É unha cita sen xustificación para aqueles que estamos pretiño da creacción artística, xa que o máis parecido é a feira Arco en Madrid tódolos febreiros, sempre difícil de asistir. Este comezo é celebrado por todos aqueles que consideran a necesidade de achegar a arte ó público de todo tipo, para facela máis de casa, máis nosa. http://www.feriapuroarte.com

miércoles, noviembre 08, 2006

ADEUS LINDA




















Non podo nen imaxinar o sufrimento que chegou a experimentar Linda. Despois de superar á morte tra-los danos ocasionados por outros cans nunha pelexa, non puido afrontar as convulsións, a perda de sangue e a dor física e moral do trato recibido. Non podo máis que sentir vergoña e desprezo ante semellantes desgraciados que non respetan a vida do mellor amigo do home.
Adeus Linda. No caso de que exista, na outra vida tratarante mellor.
http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=126&TEXTO=100000110165

viernes, noviembre 03, 2006

ENSONO DOS SETE COLORES












Cando o noso escritor galego Álvaro Cunqueiro é invitado a dar unha conferencia, con motivo dunha exposición de Colmeiro, tal como se acostumaba facer por aquela época de debates sen fin, este é o esquema que envía do mesmo ó artista Luís Seoane:

Ensono dos sete colores (Vidas iluminadas de poetas e pintores)
Cara e crus: A invenzón do arco Iris

Roxo: Shelley (O amor. Cemiterio en Roma. Ariel)

Laranxado: Degas (O que se sabe da pintura)

Marelo: Corpechot (Tratado da xardiñeiría. Canzón de dama)

Verde: Rosalía (Invitazón, canzón-vals, sepultura)

Azul: Giotto (Alba, aza e fonte anterga)

Añel: Blake (Derradeira visión de El Señor. Elexía)

Violeta: Bécquer (Estampa, rima, canzón romántica)
(...)

jueves, noviembre 02, 2006

RINCÓNS DE SANXENXO















O I Certame Xuvenil de Pintura: Rincóns de Sanxenxo, finalizou con éxito. Un total de 12 obras participaron no concurso. As técnicas foron totalmente diversas: óleo, acrílico, ceras, carboncillo; e as idades tamén: de 4 a 16 anos.
Ainda que 1 dos 9 premios quedou deserto, os premios estiveron moi ben repartidos entre as 3 categorías. Antes e despois das comilona, os asistentes, pais e rapaces, poideron picotear algo dunha merenda que sabeu a pouco, xa que o importante eran os resultados do certame.
Houbo quen non veu cumplido os seus desexos, como é normal, non tiñamos premios para todos, pero esperamos que non se lle quiten as gañas de seguir experimentando coa pintura.
A eles e a os premios agradecémoslles a súa participación e esperamos velos para unha futura convocatoria.

OBRADOIRO DE ENSINO




















Ainda que Ronsel se adicara dende o seu comezo ó ensino de arte, este ano, este curso, este mes... toca inaugurar unha etapa, a do ensino do ensino.
As ofertas son varias, para rapaces deseñamos unhas clases de reforzo escolar onde axudaremos a todo aquel que necesite un apoio ás clases de Educación Primaria, E.S.O. ou Bacharelato. Os Obradoiros de Ensino levaraos distintas profesoras especializadas nas materias, intentando que esos atrancos no estudo sexan máis levaderos.
Para os pais estreamos a actividade: Diálogo de pais e nais, os sábados pola tarde, para todos aqueles dispostos a mellorar a relación pais-fillos que non acaba de resolverse. Nestas charlas unha psicopedagoga intentará poñer sobre a mesa esos problemas de comportamento, de actitude e de relacións que os nenos presentan a diferentes niveis.
Así que xa sabedes, as actividades aumentan e os interesados non poden quedarse atrás. Con toda a ilusión do mundo comezamos esta nova andaina. Benvidos...

miércoles, octubre 11, 2006

FIN DE SEMANA NO XURÉS















Nun paseo pola serra do Xurés topei con este cogumelo. Nunca vira un tan parecido os que nos mostran os contos infantís que lemos algunha vez de pequenos.
O fin de semana resultou relaxante e impresionante nun entorno natural do que pouco oíra falar. Teño recorrido bastante por Galiza e vendo isto ainda quedan paraxes por descubrir. Sorprendente e recomendábel, pero con máis tempo do que levei eu. Fan falla máis de dous días para poder pasear polo seu interior.

lunes, octubre 09, 2006

BENVIDOS A RONSEL















Xa estamos aquí, as clases comezaron en setembro pero ainda os ai que non se enteraron. Por iso, éste considérase o derradeiro aviso, e un mensaxe de benvida ós que nunca deron con ese obradoiro situado na estrada de Adina (Portonovo, e tamén Sanxenxo), chamado Ronsel.

Este espazo que hoxe comeza a construirse vai dirixido a expoñer pensamentos, anécdotas, vivencias, actividades, obras de calquer tipo e tamén propostas.
Xa sei que levo feitos uns cantos blogs, pero estoy comprometida a que este sexa o derradeiro (ata o de agora non conseguín o acomodo perfecto en ningún).
Un saudiño e espero resposta.