lunes, noviembre 20, 2006

XORNADAS GALEGAS FAMILIA E ESCOLA




















Dende o venres ata o domingo estivemos disfrutando dunha serie de ponencias expostas por profesionais de diversa índole no mundo do ensino e da familia. Destacar dúas agrupacións descoñecidas: unha en parte, como foi a Fundación Preescolar na Casa, onde volvín a dar cun compañeiro e amigo daquela estancia en Vilar de Santos, Toño. Coñecino facendo o seu traballo dentro da fundación na biblioteca deste concello ourensá. Quedei moi sorprendida e á vez interesada por esa experiencia descoñecida, como era compartir a educación do neno cos pais na mesma clase, servindo de orientación e preparación para os segundos. Presentoume á encargada na zona do Salnés, en concreto na zona de Meis, Meaño..., onde teñen pensado abrir unha galescola. Ela é Luz, coa que compartirei un café para que me explique máis polo miúdo o desenrolo desta actividade e ver a posibilidade de introducila no concello, se non a nivel institucional, a posibilidade de levala a cabo en Ronsel.
A outra institución con un interese especial foi o Seminario Galego de Educación para a Paz. Manuel Dios Diz, o seu presidente, propoñeu un modelo de ensino onde os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflictos e a interculturalidade sexan unha materia máis. A ponencia comezou cunha proxección: En Son de Paz onde o que mais e o que menos non puido evitar unha bágoa frente a realidade que nos rodea. Así e todo o desenrolo que veu despois non desmereceu o interese e deixounos pensando nunha idea de respecto polos demais, pola vida, pola terra, polo que atopamos e polo que deixamos; para practicalo e para ensinalo.

No hay comentarios: