Ainda que Ronsel se adicara dende o seu comezo ó ensino de arte, este ano, este curso, este mes... toca inaugurar unha etapa, a do ensino do ensino.
As ofertas son varias, para rapaces deseñamos unhas clases de reforzo escolar onde axudaremos a todo aquel que necesite un apoio ás clases de Educación Primaria, E.S.O. ou Bacharelato. Os Obradoiros de Ensino levaraos distintas profesoras especializadas nas materias, intentando que esos atrancos no estudo sexan máis levaderos.
Para os pais estreamos a actividade: Diálogo de pais e nais, os sábados pola tarde, para todos aqueles dispostos a mellorar a relación pais-fillos que non acaba de resolverse. Nestas charlas unha psicopedagoga intentará poñer sobre a mesa esos problemas de comportamento, de actitude e de relacións que os nenos presentan a diferentes niveis.
Así que xa sabedes, as actividades aumentan e os interesados non poden quedarse atrás. Con toda a ilusión do mundo comezamos esta nova andaina. Benvidos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario