martes, febrero 27, 2007

ESTAMOS DE INAUGURACIÓN






Mañán, as 21:00 horas da noitiña, estamos de inauguración no Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán. Entretendas C.C.U. presenta a II Mostra de pintura e escultura UN PASEO ENTRE-ARTE.
Esta pensado que asistan, non só os participantes (artistas e comerciantes), senón tamén xente do concello, asociacións e personalidades, e máis vos... estades todos invitados. Dicir que ó remate disfrutaremos duns pinchos servidos polo Azor, que nos ten acostumados a deleitarnos con manxares do máis esquisito.
Esperamos veros a todos.

P.D. A partir do día 1 de marzo mostrarase neste blog tódalas obras participantes na mostra, para aqueles que non poidan facer un paseo entre-arte.


miércoles, febrero 21, 2007

O MELLOR DO ENTROIDO




















O mellor do entroido está por chegar. Sen ir más lexos hoxe mesmo temos o Enterro da Sardiña en Portonovo, con entrega de premios a viúva máis fermosa. O sábado teremos un concierto que recordará ós anos 80 con grupos como McQueen, Los Mudos e Kool and The Band no ESPECTÁCULO "NOVAS PROMESAS".



















E a guinda pona o DESFILE-CONCURSO DE DISFRACES DE ADULTOS o domingo a partir das 16:30 horas da tarde polas rúas de Portonovo.
Non tes escusa, achégate para acá!!!

jueves, febrero 15, 2007

ENTROIDO 2007
















No obradoiro de arte infantil, estamos xa preparados para sair á rúa. Careta en man, este ano non se nos ve nin as orellas... Algúns dos rapaces xa tiñan a súa máscara este luns, outros terán que esperar ata mañá para vela acabada. Levou tempo, pero quedou moi vistosa.
O luns e o martes sabedes que Ronsel pecha, pero espero veros pola rúa de troula. Non vos perdades o enterro da Sardiña o mércores, con saída ás 20:00 horas dende o CEIP Portonovo. A Asociación Amigos da Dorna de Portonovo, tennos preparado un concurso de "Miss Viúva", e o remate unha degustación gastronómica.
Bon Entroido!!!

ISAAC DÍAZ PARDO VIVE







A cultura en tempos neoliberais: Sineiro, Remeseiro e Vázquez, emprendedores. Isaac Díaz Pardo: "O diñeiro é capaz de mercar a deus bendito" Isaac Díaz Pardo: Dereito a sentirnos traicionados.
O neo-rinoncerontismo, por medio dos emprendedores Sineiro, Remeseiro e Vázquez, da un golpe de estado en Sargadelos. Díaz Pardo apostaba por primar o carácter sociocultural fronte ao económico, mantendo os principios fundacionais de Sargadelos. Os emprendedores queren cambiar o "modelo de negocio": Todo pola pasta.
Se queres saber máis... preme eiquí.

jueves, febrero 08, 2007

UN PASEO ENTREARTE




















ENTRETENDAS Centro Comercial Urbano de concello de Sanxenxo organiza dende o día 1 ata o 16 de marzo, a II Mostra de Pintura e Escultura. Nela participan artistas de toda Galicia, con obras de temática e técnica diversa. A mostra poderá verse exposta nos escaparates dos establecementos asociados a Entretendas, nos núcleos de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga, con opción a merca-la obra que máis lle guste.
Se tí es artista e queres expoñer a túa obra, podes poñerte en contacto coa organización na dirección de correo electrónico ronsel@entretendas.com, dende onde recibirás as bases para a participación. Tes de prazo ata o 14 deste mes de febreiro para apuntarte.
Para os interesados en expoñer e para o resto do público, Entretendas convídavos á inauguración da mostra o 28 de febreiro na sala de exposicións do Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, ás 21:00 horas.
Vémonos alí ¡¡¡


FINALIZA O INICIO Á RESTAURACIÓN
















Onte finalizamos o que foi o Curso de Inicio na Restauración de Madeira e Metal. Ainda que o derradeiro día quedámonos case soas, sabemos que o resto das mulleres que nos acompañaron en todo o curso disfrutaron por igual deste achegamento o descoñecido mundo da restauración de bens culturais. Chámese muíño, chámese lámpada, chámese cadeira, chámese máquina de coser... tódalas pezas foron tratadas co mesmo mimo que unha pintura de Murillo, Picasso ou Tapies. As alumnas das asociacións de mulleres rurais da comarca do Salnés puxeron o seu empeño e paciencia para lograr un resultado moi satisfactorio. Esperamos facer un novo curso onde se desenrolen tratamentos máis complexos. Ata daquela, un saudiño a todas. Bicos da profe.

domingo, febrero 04, 2007

UNHA SEMANA PARA LER








Durante toda esta semana ata o sábado 10 de febreiro poderemos disfrutar en Pontevedra do VIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil, este ano adicado ó Medo. Nunha primeira visita este fin de semana podemos ver que promete experiencias inolvidables para os máis pequenos, que disfrutarán dunha coidada ambientación do Pazo da Cultura. O medo e a curiosidade camiñan da man, é por iso que se convirta nunha das fontes de inspiración máis estimulantes para os creadores. Iso quedará ben patente nesta edición. Animo a todos a visitalo.

jueves, febrero 01, 2007

OS DEBERES















Xa comentei fai algunhas entradas o meu interese polo mundo da plastilina. Preséntovos eiquí unha nova entrega: os deberes. Según Manuel, e ten razón, as proporcións deixeinas de lado, pero é que o lápis e o bolígrafo non estaban no proxecto, senón houbera feito uns libros máis grandes.

DE CAMIÑO Ó ENTROIDO















Falta pouco para o tempo de disfraces e no obradoiro de arte infantil xa estamos quentando motores. Ainda que este ano temos traballo por diante os ánimos andan altos e contamos cun proxecto moi interesante para levar a cabo.
Non desvelamos por agora a nosa intención pero pola foto podedes comezar a pensar nas posibilidades.
Seguiremos informando