jueves, febrero 08, 2007

UN PASEO ENTREARTE




















ENTRETENDAS Centro Comercial Urbano de concello de Sanxenxo organiza dende o día 1 ata o 16 de marzo, a II Mostra de Pintura e Escultura. Nela participan artistas de toda Galicia, con obras de temática e técnica diversa. A mostra poderá verse exposta nos escaparates dos establecementos asociados a Entretendas, nos núcleos de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga, con opción a merca-la obra que máis lle guste.
Se tí es artista e queres expoñer a túa obra, podes poñerte en contacto coa organización na dirección de correo electrónico ronsel@entretendas.com, dende onde recibirás as bases para a participación. Tes de prazo ata o 14 deste mes de febreiro para apuntarte.
Para os interesados en expoñer e para o resto do público, Entretendas convídavos á inauguración da mostra o 28 de febreiro na sala de exposicións do Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, ás 21:00 horas.
Vémonos alí ¡¡¡


1 comentario:

Anónimo dijo...

A MIN NON ME DA TEMOP A FACER UNHA OBRA DE ARTE. GUSTAME A PINTURA . Ó MELLOR O ANO QUE VEN APUNTOME CON UNH A OBRA.
SALUDOS.