jueves, febrero 15, 2007

ENTROIDO 2007
















No obradoiro de arte infantil, estamos xa preparados para sair á rúa. Careta en man, este ano non se nos ve nin as orellas... Algúns dos rapaces xa tiñan a súa máscara este luns, outros terán que esperar ata mañá para vela acabada. Levou tempo, pero quedou moi vistosa.
O luns e o martes sabedes que Ronsel pecha, pero espero veros pola rúa de troula. Non vos perdades o enterro da Sardiña o mércores, con saída ás 20:00 horas dende o CEIP Portonovo. A Asociación Amigos da Dorna de Portonovo, tennos preparado un concurso de "Miss Viúva", e o remate unha degustación gastronómica.
Bon Entroido!!!

No hay comentarios: