martes, marzo 06, 2007

CRITERIOS DE RESTAURACIÓN














Lei 16/1985, de 25 de xuño de 1985, de Patrimonio Histórico Español.
BOE nº 155 de 29 de xuño de 1985; BOE nº 296 de 11 de decembro de 1985
Debemos ser prudentes á hora de xuzgar o traballo de intervención nos restos declarados ben cultural. Como restauradora remito á Lei de Patrimonio Histórico pola que esta obrigada diferenciación serve de coartada a algúns para formalizar solucións que alimenten a súa vanidade; sen embargo, é posible (como logrou Torres Balbás na Alhambra) distinguir o novo do vello sen estridencias, sen danar a imaxen xeral e confiando na perspicacia do espectador.
As reconstruccións ou reintegracións non poderán ser miméticas, deberán ser doadamente diferenciables das partes orixinais, xa que do contrario estaríamos caendo na falsificación.
Sen embargo, este é un dos temas favoritos no mundo da restauración, xa que o concepto de "diferenciable" é moi relativo, xa que pode ser diferenciable a simple vista, de preto e non de lonxe (é o que se pretende en moitos casos) pode ser diferenciable polo troco de textura ou cor (outro método) e pode ser diferenciable porque no informe que redactamos así o contempla mediante documentación fotográfica e croquis.
As reintegraciones só se llevarán a cabo en zoas onde se sabe a ciencia certa cómo era orixinalmente, mediante o estudo histórico ou formal da peza, senon estaríamo-nos "inventado" o obxecto.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Nunca debemos prejuzgar las actuaciones, pero sin embargo podemos ofrecer las visión personal del elemento restaurado, es evidente que el caso del cual hablamos, causa como mínimo, sorpresa.
La restauración llevada a cabo en la Torre de A Lanzada fué realizada por un empresa, pero su restauración se realizó en conformidad con el proyecto, cabe señalar que se han realizado restauraciones en muchas partes de Galicia y no todas tienen el mismo resultado, sin ir más lejos, la restauración de los cruceiros realizada recientemente por una empresa contratada por el Concello de Sanxenxo, presenta un resultado también muy llamativo, el tratamiento de limpieza realizado y el posterior sellado de juntas, no se puede calificar de restauración, pues ciertos elementos de varios cruceiros, siguen presentando un material diferente a la piedra, fueron restaurandose partes de los cruceiros con las técnicas que había en el momento de la restauración, que no nos sorprenda que algunos elementos son de cemento, cabe pensar que también se pudo restaurar la torre de A Lanzada en su momento con un enfoscado de base en mortero de cemento, con un doble tratamiento en base de pintura en paramentos horizontales, también sería una restauración, pero puede que tampoco fuese a pasar desapercibida. Un saludo. JPF

ronsel centro de ensino dijo...

Estou dacordo contigo en que cada restauración é un mundo, sen embargo o código que rixe a restauración neste pais (teoría italina de Césare Brandi), está aprobado na Lei establecida, tamén para o Patrimonio galego. Esa é a base de actuación e ainda que nos pareza imposible, toda empresa de restauración ou restaurador debe facer un estudo minucioso que é remitido á Dirección Xeral de Patrimonio, a cal da autorización para acometer a intervención (aceptando consigo os tratamentos e os materias a utilizar especificados no informe). Despois, que a Xunta non dispoña de inspectores suficientes (contamos actualmente con dous para toda a comunidade) para a visita nos momentos de intervención e posteriores, non quere dicir que as restauracións se axusten á lexislación, como nos casos que ti comentas (sempre asumibles con probas, claro).
Este é un tema moi controvertido que asume moitas interpretacións, entre elas as túas e as miñas.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Xa o sei Lisa, eu non quero xenerar polémica, non é a miña intención, o que sí podo facer e reclamar unha revisión que me están pedindo os veciños, non penses que é grato o tema, e menos aínda se non fás nada, supoño que terán en conta a nosa demanda e teño por seguro de que farán todo o posibel, para ofrecernos asa razóns que lles levaron a facer ese tipo de restauración, e podo asegurarche que no proxecto pon granito primeira calidad, canteado e rexuntado, aunque pareza sorprendente. Un saúdo.