miércoles, marzo 21, 2007

MARIÑA III

















Seguindo coa serie de Mariñas, Isabel Martínez Montes, remata este óleo que non será o derradeiro, xa que ten previstos dous máis coa mesma temática.
Dun primeiro vistazo é necesario destacar o logrado efecto de profundidade e o detalle de elementos como as rochas e a area mollada que entroncan perfectamente coas marcas irregulares que deixa a espátula na espuma das ondas ou nos recantos das rochas.
É, sin duda, unha das súas mellores mariñas.

jueves, marzo 15, 2007

FLORAL



Dentro da temática de flores, este lenzo acompañounos xa no curso pasado. Hoxe a súa autora, Moly, rematouno, non sin algún atranco, xa que a consecución desde o inicio non foi doado. Trátase dun lenzo de gran formato cuns tons vermellos e rosas que fan do motivo un centro de atención constante. Non se rinde nin se aburre, e na próxima clase comeza un novo motivo floral, esta vez máis animada.

jueves, marzo 08, 2007

FAMA O MUSICAL



















O sábado pasado tiven unha sorte de medo. Conseguín dúas entradas para Fama o Musical do día seguinte no auditorio de Caixanova en Pontevedra. Hoxe sei que si perdera a oportunidade de telas, daríame unha mágoa incrible porque a actuación foi unha experiencia. Cando chegamos encontramos con xente coñecida que xa levaba meses coas entradas na casa. Foi o meu primeiro musical e estivo cheo de sorpresas, así que seguramente non será o derradeiro. O gasto valeu a pena. Para os interesados, en xuño está no auditorio de Vigo.

martes, marzo 06, 2007

CRITERIOS DE RESTAURACIÓN














Lei 16/1985, de 25 de xuño de 1985, de Patrimonio Histórico Español.
BOE nº 155 de 29 de xuño de 1985; BOE nº 296 de 11 de decembro de 1985
Debemos ser prudentes á hora de xuzgar o traballo de intervención nos restos declarados ben cultural. Como restauradora remito á Lei de Patrimonio Histórico pola que esta obrigada diferenciación serve de coartada a algúns para formalizar solucións que alimenten a súa vanidade; sen embargo, é posible (como logrou Torres Balbás na Alhambra) distinguir o novo do vello sen estridencias, sen danar a imaxen xeral e confiando na perspicacia do espectador.
As reconstruccións ou reintegracións non poderán ser miméticas, deberán ser doadamente diferenciables das partes orixinais, xa que do contrario estaríamos caendo na falsificación.
Sen embargo, este é un dos temas favoritos no mundo da restauración, xa que o concepto de "diferenciable" é moi relativo, xa que pode ser diferenciable a simple vista, de preto e non de lonxe (é o que se pretende en moitos casos) pode ser diferenciable polo troco de textura ou cor (outro método) e pode ser diferenciable porque no informe que redactamos así o contempla mediante documentación fotográfica e croquis.
As reintegraciones só se llevarán a cabo en zoas onde se sabe a ciencia certa cómo era orixinalmente, mediante o estudo histórico ou formal da peza, senon estaríamo-nos "inventado" o obxecto.

DESPEDIDA CON TANXARINA







O venres RONSEL pechou moi tarde... Tivemos a visita dun grupo de titiriteiros chamado Tanxarina, que nos deleitaron con demostracións das posibilidades de representación dos títeres de luva. O curso comezou o día 26 de xaneiro, e dende aquela os 15 alumnos puxeron as súas habilidades para a confección e elaboración dos títeres de luva. Temos que dicir que o curso fíxose curto, quedounos por ver a confección a tamaño real dun teatrillo para as representacións. Esperamos que non tarde moito a organización dunha próxima continuación.
É preciso agradecer a colaboración desinteresada de Tanxarina, que ofreceron unha gran profesionalidade na charla, cos seus coñecementos e o seu manexo, non só de títeres de luva, senón tamén de variña con diferentes modalidades.
Ó final saímos todos cenados cunhas boas racións de empanada e viño da casa.
Grazas Tanxarina e ata outra.
P.D. Se queredes apreciar ó seu manexo non vos perdades as súas representacións no Festival Internacional de Redondela o próximo mes de maio.

jueves, marzo 01, 2007

VELEIRO E PAISAXE















Onte tivo lugar a inauguración á que asistiron os participantes e amigos da II Mostra de pintura e escultura UN PASEO ENTRE-ARTE.
Como primeiro día da mostra, presento a dous dos artistas que expoñen: Pepa Mariño coa escultura Veleiro,


















e Josefina Alonso co lenzo Paisaxe.


martes, febrero 27, 2007

ESTAMOS DE INAUGURACIÓN






Mañán, as 21:00 horas da noitiña, estamos de inauguración no Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán. Entretendas C.C.U. presenta a II Mostra de pintura e escultura UN PASEO ENTRE-ARTE.
Esta pensado que asistan, non só os participantes (artistas e comerciantes), senón tamén xente do concello, asociacións e personalidades, e máis vos... estades todos invitados. Dicir que ó remate disfrutaremos duns pinchos servidos polo Azor, que nos ten acostumados a deleitarnos con manxares do máis esquisito.
Esperamos veros a todos.

P.D. A partir do día 1 de marzo mostrarase neste blog tódalas obras participantes na mostra, para aqueles que non poidan facer un paseo entre-arte.


miércoles, febrero 21, 2007

O MELLOR DO ENTROIDO




















O mellor do entroido está por chegar. Sen ir más lexos hoxe mesmo temos o Enterro da Sardiña en Portonovo, con entrega de premios a viúva máis fermosa. O sábado teremos un concierto que recordará ós anos 80 con grupos como McQueen, Los Mudos e Kool and The Band no ESPECTÁCULO "NOVAS PROMESAS".



















E a guinda pona o DESFILE-CONCURSO DE DISFRACES DE ADULTOS o domingo a partir das 16:30 horas da tarde polas rúas de Portonovo.
Non tes escusa, achégate para acá!!!

jueves, febrero 15, 2007

ENTROIDO 2007
















No obradoiro de arte infantil, estamos xa preparados para sair á rúa. Careta en man, este ano non se nos ve nin as orellas... Algúns dos rapaces xa tiñan a súa máscara este luns, outros terán que esperar ata mañá para vela acabada. Levou tempo, pero quedou moi vistosa.
O luns e o martes sabedes que Ronsel pecha, pero espero veros pola rúa de troula. Non vos perdades o enterro da Sardiña o mércores, con saída ás 20:00 horas dende o CEIP Portonovo. A Asociación Amigos da Dorna de Portonovo, tennos preparado un concurso de "Miss Viúva", e o remate unha degustación gastronómica.
Bon Entroido!!!

ISAAC DÍAZ PARDO VIVE







A cultura en tempos neoliberais: Sineiro, Remeseiro e Vázquez, emprendedores. Isaac Díaz Pardo: "O diñeiro é capaz de mercar a deus bendito" Isaac Díaz Pardo: Dereito a sentirnos traicionados.
O neo-rinoncerontismo, por medio dos emprendedores Sineiro, Remeseiro e Vázquez, da un golpe de estado en Sargadelos. Díaz Pardo apostaba por primar o carácter sociocultural fronte ao económico, mantendo os principios fundacionais de Sargadelos. Os emprendedores queren cambiar o "modelo de negocio": Todo pola pasta.
Se queres saber máis... preme eiquí.

jueves, febrero 08, 2007

UN PASEO ENTREARTE




















ENTRETENDAS Centro Comercial Urbano de concello de Sanxenxo organiza dende o día 1 ata o 16 de marzo, a II Mostra de Pintura e Escultura. Nela participan artistas de toda Galicia, con obras de temática e técnica diversa. A mostra poderá verse exposta nos escaparates dos establecementos asociados a Entretendas, nos núcleos de Sanxenxo, Portonovo e Vilalonga, con opción a merca-la obra que máis lle guste.
Se tí es artista e queres expoñer a túa obra, podes poñerte en contacto coa organización na dirección de correo electrónico ronsel@entretendas.com, dende onde recibirás as bases para a participación. Tes de prazo ata o 14 deste mes de febreiro para apuntarte.
Para os interesados en expoñer e para o resto do público, Entretendas convídavos á inauguración da mostra o 28 de febreiro na sala de exposicións do Pazo de Cultura Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, ás 21:00 horas.
Vémonos alí ¡¡¡


FINALIZA O INICIO Á RESTAURACIÓN
















Onte finalizamos o que foi o Curso de Inicio na Restauración de Madeira e Metal. Ainda que o derradeiro día quedámonos case soas, sabemos que o resto das mulleres que nos acompañaron en todo o curso disfrutaron por igual deste achegamento o descoñecido mundo da restauración de bens culturais. Chámese muíño, chámese lámpada, chámese cadeira, chámese máquina de coser... tódalas pezas foron tratadas co mesmo mimo que unha pintura de Murillo, Picasso ou Tapies. As alumnas das asociacións de mulleres rurais da comarca do Salnés puxeron o seu empeño e paciencia para lograr un resultado moi satisfactorio. Esperamos facer un novo curso onde se desenrolen tratamentos máis complexos. Ata daquela, un saudiño a todas. Bicos da profe.

domingo, febrero 04, 2007

UNHA SEMANA PARA LER








Durante toda esta semana ata o sábado 10 de febreiro poderemos disfrutar en Pontevedra do VIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil, este ano adicado ó Medo. Nunha primeira visita este fin de semana podemos ver que promete experiencias inolvidables para os máis pequenos, que disfrutarán dunha coidada ambientación do Pazo da Cultura. O medo e a curiosidade camiñan da man, é por iso que se convirta nunha das fontes de inspiración máis estimulantes para os creadores. Iso quedará ben patente nesta edición. Animo a todos a visitalo.

jueves, febrero 01, 2007

OS DEBERES















Xa comentei fai algunhas entradas o meu interese polo mundo da plastilina. Preséntovos eiquí unha nova entrega: os deberes. Según Manuel, e ten razón, as proporcións deixeinas de lado, pero é que o lápis e o bolígrafo non estaban no proxecto, senón houbera feito uns libros máis grandes.

DE CAMIÑO Ó ENTROIDO















Falta pouco para o tempo de disfraces e no obradoiro de arte infantil xa estamos quentando motores. Ainda que este ano temos traballo por diante os ánimos andan altos e contamos cun proxecto moi interesante para levar a cabo.
Non desvelamos por agora a nosa intención pero pola foto podedes comezar a pensar nas posibilidades.
Seguiremos informando