Sempre pensei que a ensinanza das artes plásticas podería orientarse dende moitas posicións, a miña a tiña clara. Cando montei o obradoiro a finalidade primeira foi a de restaurar e conservar obras de arte (pintura, escultura ou moble), sen embargo a chegada de pezas nunca comeza de forma regular e o obradoiro non podería levarse adiante. Entón, a idea de dar clases de artes plásticas a nenos e maiores pareceume atractiva, sempre nunha postura de aprendizaxe das técnicas dende os primeiros bocetos. Era posible e resultaba prometedor. Co que non contei foi coa visión que ten a xente da arte, unha forma de entendela como resultado e non como proceso. A resposta do público foi positiva, estou tendo un número de alumnos non excesivo, pero ó que sí podo corresponder cun trato individual e progresivo. Sen embargo, no que non coincidimos, no caso da maioría, é na visión e resultado das clases. Para a meirande parte do alumnado, menos mal que cada vez son menos, o pintar é producir cadros para adiante, a finalidade é a decoración da casa, o regalo ó familiar ou o fardar diante do veciño. Se se quedan con algo aprendido mellor que mellor pero non fai falla, nin sequera importa que o chegar a casa non teñan nin idea de qué facer cun lenzo en branco. Non amigos, non é que o descubrira agora, dous anos e medio despois de levar funcionando o obradoiro, senón que pasado xa ao final do curso replantéome os requisitos e obrigas que terei que pedir ó alumno na matrícula do ano que ven. Sei que perderei xente, pero négome a que confundan un obradoiro de artes plásticas cunhas clases de manualidades para mulleres rurais (con todos os meus respetos para a actividade e para as que a realizan).O meu caso, un de moitos, é o resultado do desprestixio hacia as artes, todas elas belas, a falta de coñecemento e a tan extendida incultura. martes, mayo 08, 2007
EDUCAR NA PINTURA
Sempre pensei que a ensinanza das artes plásticas podería orientarse dende moitas posicións, a miña a tiña clara. Cando montei o obradoiro a finalidade primeira foi a de restaurar e conservar obras de arte (pintura, escultura ou moble), sen embargo a chegada de pezas nunca comeza de forma regular e o obradoiro non podería levarse adiante. Entón, a idea de dar clases de artes plásticas a nenos e maiores pareceume atractiva, sempre nunha postura de aprendizaxe das técnicas dende os primeiros bocetos. Era posible e resultaba prometedor. Co que non contei foi coa visión que ten a xente da arte, unha forma de entendela como resultado e non como proceso. A resposta do público foi positiva, estou tendo un número de alumnos non excesivo, pero ó que sí podo corresponder cun trato individual e progresivo. Sen embargo, no que non coincidimos, no caso da maioría, é na visión e resultado das clases. Para a meirande parte do alumnado, menos mal que cada vez son menos, o pintar é producir cadros para adiante, a finalidade é a decoración da casa, o regalo ó familiar ou o fardar diante do veciño. Se se quedan con algo aprendido mellor que mellor pero non fai falla, nin sequera importa que o chegar a casa non teñan nin idea de qué facer cun lenzo en branco. Non amigos, non é que o descubrira agora, dous anos e medio despois de levar funcionando o obradoiro, senón que pasado xa ao final do curso replantéome os requisitos e obrigas que terei que pedir ó alumno na matrícula do ano que ven. Sei que perderei xente, pero négome a que confundan un obradoiro de artes plásticas cunhas clases de manualidades para mulleres rurais (con todos os meus respetos para a actividade e para as que a realizan).O meu caso, un de moitos, é o resultado do desprestixio hacia as artes, todas elas belas, a falta de coñecemento e a tan extendida incultura. lunes, mayo 07, 2007
DE COR
miércoles, mayo 02, 2007
8º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
No auditorio multiusos de Redondela, do 21 ao 27 deste mes de maio, temos a oportunidade de disfrutar dun variado elenco de compañías de títeres de todo o mundo. Por medio dos nosos amigos do grupo Tanxarina, informámosvos dunha ocasión para que nenos e maiores disfruten destas representacións.viernes, abril 27, 2007
AS NOVAS XEFAS
AS CATEDRAIS I
Unha mariña máis. Neste caso Isabel Martínez Montes apostou por esta temática. Este, e outro lenzo que se encontra en proceso, rematarán a serie que comezou fai xa máis dun ano. Esta colección permitiulle enfrentarse a diferentes zonas do litoral galego, e moi concretamente ás praias do noso concello. Acantilados, dunas, marismas, oleaxe... os elementos da costa están presentes nesta mestura de fotografía e arte.
Esperamos unha exposición para cando finalice. Ainda que se non é así, unha noite en Casa Isabel nos permitirá dormir contemplando o noso paisaxe por máis tempo.
jueves, abril 26, 2007
CONVIVENCIA ARTÍSTICA
lunes, abril 23, 2007
TAMARA LEMPICKA
LIBROS DE AUGA

Hoxe é o día do libro. Non quero só referenciar esta data no que ten que ver có texto literario, senón coas ilustracións que acompañan esas letras. Por iso, neste día destaco a páxina de Isabel Molto. Unha creativa que entre moitos andaxes en diferentes manifestacións artísticas, case sempre no campo das artes decorativas. Entre os seus traballos destaca a creación de debuxos sacados do inconsciente "como cuando buceamos bajo el agua que nos rodea un silencio y una paz mágica, al trabajar en estos dibujos trato de encontrar una situación mental similar".
martes, abril 17, 2007
ESPÍRITU DE MARIÑÁN

XENXO

sábado, abril 14, 2007
OS NENOS DOS BOLOS
miércoles, abril 11, 2007
LATANDA

viernes, abril 06, 2007
X CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS ISAAC DÍAZ PARDO

martes, abril 03, 2007
COWPARADE EN VIGO

Colocadas en grandes beirarrúas, prazas e xardíns, as vacas convértense nun espectáculo de primeira magnitude. O público identifícase ao momento coas vacas cando comeza a percibir elementos e símbolos relacionados ca arte, a cultura e os costumes locais.Os patrocinadores convértense entón nos principais protagonistas posto que son eles quen fan posible este gran espectáculo.
CowParade é un fenómeno social que convida ao cidadán a participar estimulado pola orixinalidade e a magnitude do acontecemento, disposto a descubrir o resto de rabaño. Intrigado pola cantidade e calidade de vacas,o público gravitará arredor das vacas durante os tres meses de exposición gozando deste espectáculo único e gratuíto.A exposición cérrase para dar paso a unha gran subhasta de Caridade que permitirá recaudar fondos para as ONGs que o Concello de Vigo considere máis adecuadas.
CowParade é un acto público gratuíto financiado a través de empresas patrocinadoras públicas ou privadas e que favorece ás ONGs.As vacas de fibra de vidro de tamaño natural, deséñanas, píntanas e decóranas artistas locais ou ben créanse pensando nunhas necesidades concretas, promoción de marca ou produtos dunha empresa en particular. Despregadas en prazas, rúas, parques e xardíns da cidade actúan como atracción turística, provocan o sorriso do visitante e dos membros da comunidade, e á súa vez contribúen á vida e á economía da cidade que as acolle. A primavera de 2007 verá unha nova edición CowParade, o maior espectáculo artístico público do mundo, cando as vacas se expoñan nas rúas e prazas de Vigo.

-ori.jpg)
