lunes, mayo 07, 2007

DE COR























Quizais sexa ista, a pintura sobre lenzo e de técnica ao óleo, a mellor representación realista das saídas do obradoiro de arte. Sobra dicir que estamos encantados do resultado, algo que xa se esperaba no proceso de elaboración e que chamou a atención de todo aquel que se acercaba pola aula.
Teresa Iglesias Uhía leva tempo en contacto cos pinceis, pero foi este ano cando o colleu con máis gañas e decidiu apuntarse a clases. É necesario destacar a paciencia, a dedicación e o cariño que demostra ante a obra, algo non moi doado de atopar entre os alumnos.
Un retrato como este, onde a cor, que destaca por si mesma, é a protagonista nas carnacións e no fondo. Fai da pintura un atractivo para a vista dende o aspecto artístico e decorativista.
Felicidades Tery ¡¡¡

No hay comentarios: