martes, mayo 08, 2007

EDUCAR NA PINTURA

Sempre pensei que a ensinanza das artes plásticas podería orientarse dende moitas posicións, a miña a tiña clara. Cando montei o obradoiro a finalidade primeira foi a de restaurar e conservar obras de arte (pintura, escultura ou moble), sen embargo a chegada de pezas nunca comeza de forma regular e o obradoiro non podería levarse adiante. Entón, a idea de dar clases de artes plásticas a nenos e maiores pareceume atractiva, sempre nunha postura de aprendizaxe das técnicas dende os primeiros bocetos. Era posible e resultaba prometedor. Co que non contei foi coa visión que ten a xente da arte, unha forma de entendela como resultado e non como proceso. A resposta do público foi positiva, estou tendo un número de alumnos non excesivo, pero ó que sí podo corresponder cun trato individual e progresivo. Sen embargo, no que non coincidimos, no caso da maioría, é na visión e resultado das clases. Para a meirande parte do alumnado, menos mal que cada vez son menos, o pintar é producir cadros para adiante, a finalidade é a decoración da casa, o regalo ó familiar ou o fardar diante do veciño. Se se quedan con algo aprendido mellor que mellor pero non fai falla, nin sequera importa que o chegar a casa non teñan nin idea de qué facer cun lenzo en branco. Non amigos, non é que o descubrira agora, dous anos e medio despois de levar funcionando o obradoiro, senón que pasado xa ao final do curso replantéome os requisitos e obrigas que terei que pedir ó alumno na matrícula do ano que ven. Sei que perderei xente, pero négome a que confundan un obradoiro de artes plásticas cunhas clases de manualidades para mulleres rurais (con todos os meus respetos para a actividade e para as que a realizan).O meu caso, un de moitos, é o resultado do desprestixio hacia as artes, todas elas belas, a falta de coñecemento e a tan extendida incultura.

No hay comentarios: