
Este sábado os obradoiros foron moi visitados, de feito os nenos estiveron moi animados e non deixaron de participar nas dúas actividades a desenrolar.

Pola mañá fixemos figuras con papel. A papiroflexia ainda que parece complicada, coas indicacións dos monitores foi moi sinxelo que os rapaces fixesen as súas propias figuras.

Pero foi a actividade da tarde a que máis xente congregou. O de pintar caras con formas de animais e personaxes resultou moi interesante e todos quixeron transformarse por unha tarde. Aquí tedes algúns exemplos.

1 comentario:
hola, les recomiendo la base affinitione, lo nuevo de www.maybelline.com.mx
saludos
Publicar un comentario