Desenrolarase no Porto de Sanxenxo, coincidindo coa ponte das Letras Galegas, entre os días 17 e 20 de maio. Na Praza do Mar, instalarase o village, onde se celebrarán actividades complementarias, non só para os participantes e acompañantes dos regatistas, senon tamén para o público en xeral.
Ronsel disporá dunha carpa para a realización, por medio de Entretendas C.C.U., de obradoiros de artesanía e tempo libre, adicados ao público infantil. Tódolos nenos que o desexen poderán disfrutar de actividades creativas e lúdicas, totalmente gratis. Os obradoiros realizaranse en horario de mañá e tarde, os catro días do evento. Esperamos veros por alí !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario