martes, julio 31, 2007

PINTURA GALEGA DO XIX E XX

A Sala de Exposicións de Nauta Sanxenxo, ubicada no Porto Deportivo Juan Carlos I, acollerá unha mostra de relevantes pintores dos séculos XIX e XX. A partir de mañán, día 1 de agosto, poderemos ver unha mostra de óleos dos máis importantes artistas galegos como Sotomayor, Avendaño, Colmeiro, Laxeiro, Souto, Seoane, Maside, Antonio Fernández, Frau, Eugenio Granell, Manuel Torres, Castillo, Solla e Grandio, entre outros. Ademáis, veciños e visitantes do municipio poderán contemplar tamén obras de integrantes da Escola de París como Bores, Ismael de la Serna, Ginés Parra, Lago Rivera, Grau Sala e Viñes; así como de artistas pertencentes ao grupo El Paso entre os que destaca Canogar e Saura.
Esta iniciativa, organizada pola galería de arte Montenegro de Vigo permanecerá aberta ao público do 1 ao 5 de agosto en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 23 horas.

martes, julio 24, 2007

CENTRO TÉCNICO SAN MARTÍN

A partir do 3 de setembro, a miña vida discorrerá paralela entre Ronsel e o novo Centro Técnico San Martín. Formando parte dun equipo de profesionais da restauración, levaremos a cabo como obxectivo principal a correcta e minuciosa restauración do patrimonio, asegurando a calidade e rigurosidade das intervencións, que desenrolará un incansable traballo de recuperación, conservación y formación. Ronsel manterá a súa andaita, tanto artística como de ensino particular, guiado coas mesmas directrices que ata o de agora.

viernes, julio 20, 2007

TRAS AS PEGADAS DE DELOS

O pasado xoves, día 19, ás 20:30 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, Ames, a Asociación galega de arte e cultura AGAEC, inaugurou, coa presenza do alcalde e concelleiro de cultura do citado concello, unha exposición colectiva itinerante, baixo o título "Tras as pegadas de Delos", na que poderá contemplarse pintura, escultura, gravado, cerámica, fotografía, debuxo e tapiz.
Perto de 40 obras realizadas por 15 membros de dita asociación: Teresa Añón, Beatriz Núñez, Esther Molinero, Carmen Sevillano, Fran Lareo, Javier Reiriz, Rosa Fernández, Paco Ramos, Sagrario Rilo, Pepa Mariño, Jesús Pereira, Isabel Andrés, Aurora Pombo, Cuca Pérez e Pepe Potel. E 15 artistas plásticos novos procedentes de: Bélxica, Inglaterra, Alemania, Finlandia, Romanía, Italia, Siria, Canadá, EEUU, Brasil, Arxentina e Cuba: Reina D´Hore, David Crooks, Maribel Dos Anxos, Carita Dubrovin, Denisa Curte, Antonio Calla, Alí Alí, Anyck Kerloc´H, Justin, Stock,María Chenut, Fabiana Corrêa, Cristina Pérez, Patricia Malvestiti, Daviz Plana e Orlando Yanes respectivamente. Tamén contará con representantes do eido da plástica de Madrid, Carlos Crespo e Vicente Ruiz, Salamanca, Cidade Real, Granada e Cádiz.
Os traballos que se expoñen foron elaborados polos distintos creadores con total liberdade formal e conceptual, aprotando cada un a súa particular visión do mundo, o seu persoal linguaxe expresivo.
A pluralidade de plantexamentos intelectuais e culturais que ún pode contemplar no incomparable marco do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ata o día 31 de xullo, constitúe, sen dúbida, un factor de enriquecemento individual e colectivo ao tempo que ofrece a posibilidade de abrir un espazo de diálogo e comunicación entre artistas e público, unha inmellorable oportunidade para mergullarnos na diversidade artística e cultural.
O día 1 de agosto trasladarase á Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal e continuará o seu percorrido por distintas salas municipais de Galicia. No mes de setembro poderá visitarse na Galería Sargadelos da Estrada, estando previsto que finalice esta itinerancia internacional en Oporto.

jueves, julio 19, 2007

ALTERARTE

Onte, ás 16:30 horas da tarde, inaugurouse na sala de exposicións de Nauta Sanxenxo, no porto Juan Carlos I, unha exposición de artistas plásticos galegos. Catorce artistas participan con diferentes técnicas, neste lugar de exposicións moi ben situado para a parada e disfrute da arte da nosa comunidade. A feira Alterarte rematará o próximo 24 de xullo, polo que non desaproveitedes a ocasión de asistir.

PIN UP

Estamos no verán e a actividade de Ronsel é moito máis relaxada que no inverno, por iso as entradas dende o mes pasado son moi escasas. Pero seguimos aquí, dando clases de apoio para os exames de setembro, e adicando ese tempo libre que nos deixa a praia para relaxarnos pintando. Ardoiz veu de rematar un lenzo moi especial, comezado xa na casa e rematado no obradoiro. Agora que está tan de moda a volta ao pasado, en concreto aos anos 70 e 80, nesta obra amósase un estilo que recorda máis ben aos anos 50 ou 60, onde a publicidade e a imaxe feminina tiñan un estilo moi lonxano do que vemos hoxe nos anuncios de prensa. Destaca a voluptuosidade das formas corporais, a erótica do estilismo e a sinxela representación dunha figura de muller insinuante, onde os abalorios e unha escasa prenda tapan o imprescindible.

miércoles, julio 11, 2007

O POZO

Unha alumna máis remata a obra do curso antes de ires de vacacións. Unhas vacacións moi relativas para Sara Besada, que serán recompensadas unha vez que remate o verán. Neste caso, e sendo fiel as súas representacións non deixa de lado os motivos florais, e a técnica da espátula, que ainda que lle da traballo, a complementa moi ben co pincel, e pouco a pouco vai colléndolle confianza. Mágoa que non teña para mostrarvos a primeira obra deste curso, unha composición de 5 lenzos cun motivo común, que converteuse nun éxito en Ronsel e na súa casa. A partir de ahí, os encargos non paran.

lunes, julio 02, 2007

ROMA


Buscas en Roma a Roma ¡oh peregrino!
y en Roma misma a Roma no la hallas:
cadáver son las que ostentó murallas
y tumba de sí proprio el Aventino.
Yace donde reinaba el Palatino y limadas del tiempo,
las medallas más se muestran destrozo a las batallas
de las edades que Blasón Latino.
Sólo el Tibre quedó, cuya corriente,
si ciudad la regó, ya sepultura
la llora con funesto son doliente.

¡Oh Roma en tu grandeza, en tu hermosura,
huyó lo que era firme y solamente
lo fugitivo permanece y dura!

FRANCISCO DE QUEVEDO
Poemas del Alma

martes, junio 19, 2007

ITSMO

Outra obra rematada é a de Mónica. Unha paisaxe de mar moi sinxela pero cun protagonista moi destacado, o itsmo central, fundido na paisaxe de fondo. Sen dúbida, unha obra que a estas alturas de comezo de verán vai moi indicada.

sábado, junio 16, 2007

NENA HINDÚ

Pasan os meses do curso, e as obras vanse rematando. Ardoiz fai un paréntese no verán e lévase con ela esta obra de temática tan similar ás anteriores. Nenas, mulleres, rapazas, noutros ambientes, noutras situacións, todas elas despertan en nós sentimentos e sensacións. Son imaxes máis que decorativas. Son emocionais. Técnicamente ofrecen as mesmas características. Continúa a mesma relación pincel-espátula, a última en inferioridade nesta obra. As cores seguen sendo as protagonistas. Ainda que nun primeiro momento os ollos vaian á nena e a súa mirada, os ropaxes e teas que a protexen e a enmarcan, comparten protagonismo. En setembro máis.

A PRIMEIRA

Ainda que comezou onte, como quen dí, Asun entrou con moitas gañas no obradoiro. Tanto na casa como nas clases, demostra un interés moi grande na pintura. Sen embargo, ainda que esta primeira obra lle resultara máis ou menos doada, falta o control en moitos campos. Por tanto, imos considerala un exercicio máis. Despaciño e con tranquilidade, iremos apagando ese nervo rápido que demostra en cada clase, para conseguir que os detalles cobren máis importancia que a obra rematada.

jueves, junio 07, 2007

UNHA CASA EN BORDÓNS

Esta semana Moly sorprendeunos cando apareceu polo obradoiro cun lenzo xa a punto de rematar. Comezouno a esbozar na escola pero para non perder tempo nos días que o obradoiro ía estar pechado, levouno para casa. Teño que dicir que me sorprendeu gratamente, resolveuno moi ben, pese a ter complicacións nas interpretacións das reixas ou da mampostería dos muros. Realmente viuse que pode valerse por si mesma, e eso que o tema non se presentaba nada doado. Felicidades pola obra, Moly... e espero que lle guste ao agasallado.
Un bico.

jueves, mayo 31, 2007

A DERRADEIRA MARIÑA

Rematando Maio, os alumnos van deixando o curso. Unha delas, Isabel, apurou a finalización deste óleo antes do verán. Outra temática de mariña coa que se despide dunha etapa adicada a estes motivos tan cercanos e coñecidos do noso pobo, da nosa provincia, da nosa Galicia.
Pensando no próximo tema, o troco de pintura será radical, ainda que a técnica ofrecerá similares características, profundizando máis no pincel, un tanto esquecido ata o de agora.

UN RESPIRO

A ausencia de entradas estos días, foi debida a un parón na actividade artística de Ronsel. Unha semaniña fóra non estivo nada mal para cargar as pilas e vir con novas ideas e ilusións. A verdade é que custou volver ao rego, pero xa na casa, as obrigas non fan máis que acelerar ese aterrizaxe forzoso.
Un saudiño para os que deixamos alá. Graciñas pola vosa hospitalidade. Bicos...

domingo, mayo 20, 2007

1 GLOBO, 2 GLOBOS, 3 GLOBOS

Hoxe finalizou a Semana Naval, e como mañá imos estar moi ocupados, hoxe apuramos a creación da derradeira entrada deste evento. Ainda que onte fixemos maquillaxe de facianas, hoxe repetimos pola boa acollida que tivo. No último día na Semana da vela, ainda que un pouco máis fría que o resto dos días, os nenos animáronse a visitarnos e pola mañá poidemos velos presumindo de "careto".Pola tarde adicámonos a facer figuras con globos. Ainda que moitos estoupan antes de rematar as figuras, poidemos agasallar a moitos nenos coas formas tan orixinais da globoflexia. As raíñas da tarde foron as flores e os sables, ainda que tamén houbo monos subidos a palmeiras e paxaros namorados. Eso sí, de todas as cores. As monitoras intentaron facer todo tipo de representacións, ainda que houbo algunha que tivo algúns problemas de estoupidos.

MAQUÍLLATE MAQUÍLLATE

Este sábado os obradoiros foron moi visitados, de feito os nenos estiveron moi animados e non deixaron de participar nas dúas actividades a desenrolar. Pola mañá fixemos figuras con papel. A papiroflexia ainda que parece complicada, coas indicacións dos monitores foi moi sinxelo que os rapaces fixesen as súas propias figuras. Pero foi a actividade da tarde a que máis xente congregou. O de pintar caras con formas de animais e personaxes resultou moi interesante e todos quixeron transformarse por unha tarde. Aquí tedes algúns exemplos.