Pensando no próximo tema, o troco de pintura será radical, ainda que a técnica ofrecerá similares características, profundizando máis no pincel, un tanto esquecido ata o de agora.
jueves, mayo 31, 2007
A DERRADEIRA MARIÑA
UN RESPIRO
Un saudiño para os que deixamos alá. Graciñas pola vosa hospitalidade. Bicos...
domingo, mayo 20, 2007
1 GLOBO, 2 GLOBOS, 3 GLOBOS
MAQUÍLLATE MAQUÍLLATE
sábado, mayo 19, 2007
O MEU AUTORRETRATO
Pola tarde, a tarefa foi outra: autorretratarse diante dun espello. A algún custoulles máis e a outros tiñan sabido moi ben como era a súa faciana.
As pinturas foron das máis sorprendentes. Eso sí, todos eles estiveron moi centrados para que os seus amigos e familiares os recoñecesen.
viernes, mayo 18, 2007
PINTANDO PEDRAS DE MAR
As monitoras, Sonia e Andrea pasáronno en grande. Visto o visto, hoxe repetimos e estaremos ata o domingo.
lunes, mayo 14, 2007
OBRADOIROS NA PRAZA DO MAR
Desenrolarase no Porto de Sanxenxo, coincidindo coa ponte das Letras Galegas, entre os días 17 e 20 de maio. Na Praza do Mar, instalarase o village, onde se celebrarán actividades complementarias, non só para os participantes e acompañantes dos regatistas, senon tamén para o público en xeral.
Ronsel disporá dunha carpa para a realización, por medio de Entretendas C.C.U., de obradoiros de artesanía e tempo libre, adicados ao público infantil. Tódolos nenos que o desexen poderán disfrutar de actividades creativas e lúdicas, totalmente gratis. Os obradoiros realizaranse en horario de mañá e tarde, os catro días do evento. Esperamos veros por alí !!!
martes, mayo 08, 2007
EDUCAR NA PINTURA
Sempre pensei que a ensinanza das artes plásticas podería orientarse dende moitas posicións, a miña a tiña clara. Cando montei o obradoiro a finalidade primeira foi a de restaurar e conservar obras de arte (pintura, escultura ou moble), sen embargo a chegada de pezas nunca comeza de forma regular e o obradoiro non podería levarse adiante. Entón, a idea de dar clases de artes plásticas a nenos e maiores pareceume atractiva, sempre nunha postura de aprendizaxe das técnicas dende os primeiros bocetos. Era posible e resultaba prometedor. Co que non contei foi coa visión que ten a xente da arte, unha forma de entendela como resultado e non como proceso. A resposta do público foi positiva, estou tendo un número de alumnos non excesivo, pero ó que sí podo corresponder cun trato individual e progresivo. Sen embargo, no que non coincidimos, no caso da maioría, é na visión e resultado das clases. Para a meirande parte do alumnado, menos mal que cada vez son menos, o pintar é producir cadros para adiante, a finalidade é a decoración da casa, o regalo ó familiar ou o fardar diante do veciño. Se se quedan con algo aprendido mellor que mellor pero non fai falla, nin sequera importa que o chegar a casa non teñan nin idea de qué facer cun lenzo en branco. Non amigos, non é que o descubrira agora, dous anos e medio despois de levar funcionando o obradoiro, senón que pasado xa ao final do curso replantéome os requisitos e obrigas que terei que pedir ó alumno na matrícula do ano que ven. Sei que perderei xente, pero négome a que confundan un obradoiro de artes plásticas cunhas clases de manualidades para mulleres rurais (con todos os meus respetos para a actividade e para as que a realizan).O meu caso, un de moitos, é o resultado do desprestixio hacia as artes, todas elas belas, a falta de coñecemento e a tan extendida incultura. lunes, mayo 07, 2007
DE COR
Quizais sexa ista, a pintura sobre lenzo e de técnica ao óleo, a mellor representación realista das saídas do obradoiro de arte. Sobra dicir que estamos encantados do resultado, algo que xa se esperaba no proceso de elaboración e que chamou a atención de todo aquel que se acercaba pola aula.
Teresa Iglesias Uhía leva tempo en contacto cos pinceis, pero foi este ano cando o colleu con máis gañas e decidiu apuntarse a clases. É necesario destacar a paciencia, a dedicación e o cariño que demostra ante a obra, algo non moi doado de atopar entre os alumnos.
Un retrato como este, onde a cor, que destaca por si mesma, é a protagonista nas carnacións e no fondo. Fai da pintura un atractivo para a vista dende o aspecto artístico e decorativista.
Felicidades Tery ¡¡¡
miércoles, mayo 02, 2007
8º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
No auditorio multiusos de Redondela, do 21 ao 27 deste mes de maio, temos a oportunidade de disfrutar dun variado elenco de compañías de títeres de todo o mundo. Por medio dos nosos amigos do grupo Tanxarina, informámosvos dunha ocasión para que nenos e maiores disfruten destas representacións.Ademáis disto haberá unha programación nas rúas de Redondela con actuacións a todas horas os días 26 e 27.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
